Os éxitos de Pereiro

Os éxitos do gran ciclista galego, Oscar Pereiro, no Tour, parecen ter xa padriños en todos os recunchos da política galega. É Lóxico que en Mos (o seu concello natal), e en toda a comarca da Louriña, fagan seus os triunfos do 'Casca', como alí o coñecen dende os seus comezos no clube ciclista Spol. Outra cousa ben distinta é o dos partidos políticos...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 24/07/2006

Comparte esta noticia

E hoxe, en Mos, Pereiro terá unha recepción oficial na que tampouco vai faltar o presidente galego, Emilio Pérez Touriño. Todos eles queren estar ó carón do campión (para todos os galegos é xa o campión do Tour), pero, se hai foto, moito mellor.

E as fotos servíronlle hoxe a Louzan para insertar duas páxinas de publicidade en El Faro de Vigo, unha da propia deputación e outra do Patronato de Turismo Rías Baixas, tamén dependente do organismo pronvicial. Tamén o Concello de Mos, que preside a socialista María Jesús Escudero, aproveita, con outro faldón publicitario no mesmo xornal, para lembrar a recepción oficial que se lle fará ó ciclista coa presencia do presidente galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA