Rueda, as cifras de falecidos son "un recordatorio" de que a pandemia "non finalizou"

"Ás veces esquecemos que a pandemia aínda non se terminou, por desgraza", sentenciou o mandatario galego, tras ser preguntado respecto diso na comparecencia posterior á reunión semanal do seu Executivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2022 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, manifestou este xoves, en relación ás cifras de falecidos con covid-19 que se manteñen, que supoñen "un recordatorio" e "un toque de atención clarísimo" en relación a que a pandemia non finalizou.

"Ás veces esquecemos que a pandemia aínda non acabou, por desgraza", sentenciou o mandatario galego, tras ser preguntado respecto diso na comparecencia posterior á reunión semanal do seu Executivo.

"Segue habendo contaxios, ingresos e falecementos", engadiu, antes de matizar que, en todo caso, as cifras non son comparables "ao ritmo dos meses máis duros".

"Hai unha serie de medidas que se deben seguir observando e pido que se faga pensando que non saímos desta situación. Pero tamén é certo que hai que seguir vivindo e que a situación non é a de fai uno meses, cando eran moito máis preocupantes", resolveu.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, antes do Consello.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, antes do Consello.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta