Dúas traballadoras peregrinan ata Santiago polos dereitos do persoal eventual do Sergas

As integrantes do sindicato PROSAGAP partiron do Cebreiro o pasado sábado, 14 de maio, e chegarán a Compostela este próximo sábado 21.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Dúas das integrantes do sindicato PROSAGAP iniciaron o pasado sábado, 14 de maio, unha peregrinación dende o Cebreiro que ten como obxectivo "denunciar a situación de precariedade e malestar na que se atopa o persoal eventual da Sanidade Pública Galega", explican nun comunicado. A andaina finalizará este próximo sábado 21 co acompañamento doutras persoas afiliadas durante a última etapa do Camiño.

O sindicato Prosagap inicia no Cebreiro a VII Marcha de Eventuais do Sergas. PROSAGAP
O sindicato Prosagap inicia no Cebreiro a VII Marcha de Eventuais do Sergas. PROSAGAP

Dende PROSAGAP afirman que esta protesta rematará "unha vez que as nosas reivindicacións cheguen a Santiago, logo de ter percorrido Galicia con elas". Estas demandas, que levan escritas dentro de cunchas de vieira, foron comunicándose polo sindicato ao longo de toda a semana a través das súas redes sociais. 

Unha das máis sinaladas, de acordo cas promotoras da acción, é a da cuestión da carreira profesional. "Un complemento salarial que premiaría a lealdade ao sistema e a dispoñibilidade dos e das profesionais, e que lle ten sido inxustamente negado ao persoal eventual, o que provocou diversas denuncias que, recentemente, deron a razón xudicial ao sindicato".

Como colofón do Camiño, espérase que un grupo de persoas afiliadas ou simpatizantes

do sindicato reciban as dúas mulleres que saíron do Cebreiro na súa chegada a Compostela, na mañá do próximo sábado 21, e as acompañen na entrega das reivindicacións na Praza do Obradoiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta