Temas: MúSICA

“Sempre pasan cousas en Espasante”

Ugia Pedreira entrevista a Ramón Peña, que en 1992 soñaba con facer un local de concertos e abriu A Escondida, por entón tan só un chiringuito de praia en Espasante, no concello de Ortigueira. A día de hoxe pasaron e pasan por este café-concerto todo tipo de músicos de dentro e fóra de Galicia. Mesmo hoxe domingo este recuncho da bela comarca de Ortegal acolle a actuación da banda viguesa de difícil etiquetaxe Trilitrate.

Por GC Tendencias | Santiago | 13/07/2014 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

A Escondida de Ortegal
A Escondida de Ortegal

Ramón Peña, ademais de fundador de A Escondida tamén é músico (foi membro da desaparecida banda The Perdidos ao río). Na entrevista con Ugia Pedreira fálanos das dificultades de manter un pequeno negocio hostaleiro cuxo sustento é o amor á música.

Un local onde “sempre pode xurdir un jam” e no que tras a posta de sol “as posibilidades de acción e interacción multiplícanse”. Máis tamén é un espazo de tranquilidade para a parola, e neste sentido, a Ramón gústalle pensar que A Escondida é algo como unha antiga botica republicana onde os intelectuais daban cita para “amañar o país”. Un país para o que Ramón non ten compracencias, como amósanos nas súas opinións sobre o goberno de Ortigueira ou a mala xestión do turismo da zona.

Mais a pesar das contrariedades, Espasante segue a ser un destino especial: “hai unha maxia no lugar que atrae xentes de sensibilidade exquisita.”

Como din Ugia Pedreira, en referencia a A Escondida: “Muitos som os lugares especiais onde a música e o baile som auroras que alumeam o bem viver, eu conhezo algumas, será por isso que amo vi-ver.”

A Escondida de Ortegal
A Escondida de Ortegal

Le o artigo completo en Cobrantas, o espazo de Ugia Pedreira para GCTendencias.

A Escondida de Ortegal
A Escondida de Ortegal
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta