Abanca colaborará cos armadores de Burela para a sustentabilidade do sector

A entidade facilitará ao sector pesqueiro produtos e servizos financeiros especificamente deseñados para el.

Por E.P. | Burela | 20/05/2022 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

Abanca e Armadores de Burela, S.A. (ABSA), asinaron un acordo de colaboración que sitúa "a sustentabilidade" no foco principal e que busca dar resposta ás demandas do día a día dun sector fundamental para a economía da Mariña. O director territorial de Abanca en Lugo, Javier Soto, foi o encargado de asinar o acordo co presidente de ABSA, Abelardo Basanta.

Abanca e Armadores de Burela asinan un acordo para a sustentabilidade do sectro na Mariña
Abanca e Armadores de Burela asinan un acordo para a sustentabilidade do sectro na Mariña | Fonte: Abanca.

Ao acto, que tivo lugar en Burela coincidindo coas XXIX Xornadas Técnicas de Expomar, tamén asistiron o xerente de ABSA, Miguel Neira; o director de Abanca Mar, Javier Fraga, o coordinador da mesma unidade, Miguel Ríos; e o director de zona de Abanca na Mariña, Carlos Teijeiro.

Durante a rúbrica, ambas as entidades manifestaron a transcendencia da firma nun momento especialmente marcado pola situación creada pola covid-19 e polo incremento do custo dos insumos.

O acordo busca, entre outras cousas, facilitar ao sector pesqueiro produtos e servizos financeiros especificamente deseñados para el, pero tamén permitirá aos armadores "aproveitar" a oportunidade dos fondos europeos de recuperación Next Generation, especialmente para abordar proxectos de sustentabilidade, dixitalización, eficiencia enerxética ou descarbonización.

Todo iso será tramitado a través da unidade específica de Abanca, Next Generation, que agrupa toda a experiencia e coñecemento para a súa tramitación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta