O novo líder do PSOE, Pedro Sánchez, arrasa en Galicia

O novo líder socialista case triplica os resultados de Eduardo Madina. José Ramón Besteiro amósase “moi contento” polo resultado.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/07/2014 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

Pedro Sánchez, o novo secretario xeral do PSOE arrasou en Galicia. Obtivo 1.008 votos; 600 máis que Eduardo Madina, que sacou 391 e de Pérez Tapias, que tivo 136. Uns resultados que non se entenden pola masiva simpatía que espertou Sánchez entre os militantes galegos.

Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE, nun acto previo a súa elección
Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE, nun acto previo a súa elección

De feito,  Sánchez era o candidato do líder socialista, José Ramón Besteiro,  e de todo o seu equipo. Tamén era o candidato da maior parte do PSOE de Pontevedra e de parte do PSOE da Coruña. 

E é que o aparello socialista galego envorcouse con el, mentres que o sector de Pachi Vázquez en Ourense e certos militantes e dirixentes da Coruña –os enfrontados á dirección actual-- decantáronse por Eudardo Madina. De feito, unha parte dos militantes socialistas galegos estenderon a idea de que, se o vasco gañaba, Laura Seara, a man dereita do ex secretario xeral do PSdeG en Galicia, sería a súa secretaria de Organización. A súa intención era mobilizar o voto en contra de Madina.

O propio Sánchez, na súa visita a Galicia, aloxouse en casas de destacados militantes, moitos deles, dos críticos coa xestión de Pachi Vázquez cando era líder do PSdeG. Por iso, e a pesares de que non había un apoio oficial, a súa vitoria foi moi celebrada en determinados sectores do socialismo galego.

Besteiro, “moi contento”

Por iso, este mesmo luns, José Ramón Gómez Besteiro, confesouse “moi contento” e aínda que dixo que “non é ou momento” de falar da futura executiva do partido, reivindicou para Galicia un lugar no novo aparello. “Dende aquí tamén apoiaremos o proxecto e tamén insistiremos para que Galicia estea presente”, dixo.

Neste sentido, apostou porque o cónclave que se celebrará en dúas semanas sexa o do “congreso da unidade” e convidou a outros partidos a adoptalo. “Isto non ten volta atrás”, dixo ao tempo que felicitou a todos os participantes neste proceso; Sánchez, Madina e José Antonio Pérez Tapias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 markoos

Os resultado serían os mesmos se fose un concurso de beleza.

6 frente popular SI

seres, este e dos que vendia preferentes, seres este e o gatopardismo cambialo todo para non cambiar nada, seres este e o do aparello do pe$oe, seres o pe$oe sucidouse escolleron a corrupción, escolleron o madrileñismo andaluceiro, escolleron a castucia, o pe$oe e igualiño que o pp un partido de gansters o servizo de eles mesmos... señores espabilen podemos! RENOVADORES - GUERRISTAS OS MESMOS TERRORISTAS!!!

5 OTAN de entrada NON.

Non vexo visos de que o PSOE vaia recuperarse. Por iso mesmo as élites colonialistas xa diseñaron o plan B. Pablo Iglesias o novo Felipe González que promete prosperidade, democracia e sacarnos da OTAN.

4 Xanti

Algúns non se decatan de que nunca van votar polo PSOE gañe quen gañe, por tanto sempre estarán insatisfeitos co resultado. Para min iste era a peor eleccion que podian facer, pero coma os andaluces querian que saira pois claro, saiu... O PSOE vai quedar ao nivel de Grecia. A mellor opcion quizais era Perez Tapias, pero semella que está mais próximo de Izquierda Unida que do PSOE.

3 linda

Un guaperas de la " casta "