GC Aberto

Salvemos a Atención Primaria

Por admin | GC ABERTO | 23/05/2022

Comparte esta noticia

“Sexa a suprema lei, a salvación do pobo”. Cicerón: 106 a. C. - 43 a. C.

Concentración de persoal médico e de pediatría de Atención Primaria no Centro de Saúde de Rosalía de Castro, en Vigo. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS
Concentración de persoal médico e de pediatría de Atención Primaria no Centro de Saúde de Rosalía de Castro, en Vigo. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS

Xurista, Político, Filósofo, Escritor e Orador Romano.

Atendendo a Lei 7/2015, de Iniciativa Lexislativa Popular e participación cidadá, a Plataforma

SOS Sanidade Pública de Galicia, vai presentala no Parlamento Galego.

O Estatuto de Autonomía, outorga as competencias no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica en materia de sanidade interior; así, despois das dúas modificacións feitas polo PP da Lei Galega de Saúde (2008), entendemos que o desmantelamento da AP provocado polos 13 anos do Sr. Feijoo (e 4 conselleirxs de sanidade) non pode seguir producíndose, e por iso, solicitamos ao Parlamento de Galicia que acepte e tome en consideración esta Proposición de Lei; unha vez cumpridos os trámites legais, incluída a recollida de 15.000 sinaturas debidamente autentificadas, se publique conforme ao artigo 123 do Regulamento da Cámara para a súa toma en consideración no Pleno e subseguinte tramitación parlamentaria.

O Sistema Sanitario Galego arrastra unhas debilidades, que se agravaron durante a pandemia: falta de accesibilidade, longas listas de agarda, indubidable fatiga do persoal ou a escasa participación da cidadanía no sistema. O obxectivo da Proposición de Lei é “a implantación dunha serie de medidas para revitalizar e fortalecer a AP”:

Establécese a atención presencial ao paciente nas consultas. Só se o paciente opta voluntariamente por ser atendido de forma telemática, poderase levar a cabo a consulta por outros medios (humanos non máquinas).

Establécense unha serie de medidas para fixar uns mínimos razoables de dispoñibilidade de centros e persoal para salvagardar a debida calidade de atención aos pacientes. Obrigación de ofertar, como mínimo, unha convocatoria de prazas anual. Recuperación dos consultorios periféricos. Adecuar as plantillas de persoal ás necesidades da poboación e cunha atención de calidade. No caso das consultas médicas establecerase un máximo de 30 consultas diarias. Ofertar aos novxs especialistas contratos estables. Garantir unhas condicións laborais dignas, que acaben coa precariedade e a inestabilidade do persoal e que permitan recuperar ao que decidiu traballar en lugares diferentes da Galiza.

Recuperación das Xerencias de Atención Primaria en cada Área Sanitaria, con orzamento propio e capacidade de xestión autónoma.

Recuperación e posta en marcha das competencias dos Consellos de Saúde de Área Sanitaria e do Consello de Saúde de Galicia. Órganos de participación democrática na xestión das Áreas Sanitarias.

O persoal dos Centros de Saúde, Consultorios Periféricos e PAC, deberán poder garantir unha atención de calidade e con plena capacidade resolutiva. A composición das plantillas serán definidas polos Plans de Saúde de Área Sanitaria. Para que o servizo sexa integral, os Centros de Saúde deben contar con profesionais que cubran toda a asistencia sanitaria: Psicólogxs Clínicos, Logopedas, Fisioterapeutas, Terapeutas Ocupacionais, Traballadorxs Sociais, etc.

Adecuar os Servizos de Ambulancia ás necesidades e demandas de atención e traslado urxente.

Acabar coas Listas de Agarda na AP. Garantizarase que o tempo de espera para recibir atención nos Centros de Saúde non superará as 48 horas para consultas normais e 24 horas para a demanda urxente.

As interconsultas e derivacións de pacientes aos especialistas hospitalarios, non pasarán por ningún filtro previo que alongue a espera da atención. Permitir que xs Médicxs de AP remitan aos pacientes que consideren á consulta urxente de cada especialidade sin ter que facer informe previo e a demora conseguinte de varios días.

O Consello Técnico de AP de Galicia, será o garante de que o Novo Modelo de AP de Galicia sexa o que termine co desmantelamento e privatización do Sistema Sanitario Público Galego.

De nós depende!

Dr. Xosé M.a Dios Diz, Médico especialista de AP de Outes. Maio 2022.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Dignidade Atención Primaria https://youtu.be/e85k0DfROJk // 27-12-2018 // Pasaron 4 anos e a última manifestación en defensa da AP en Vigo só contaba cos Sindicalistas e familiares... // Será que en 4 anos convertimos unha xusta reivindicación nunha batalla política onde priman as cuotas de poder máis que a profesionalidade sanitaria ? A Sanidade Privada está a facer exactamente o mesmo ca pública, solicitar cita para AP ten xa unha demora de 4 ou 5 días, e se falamos de espcialidades podemos chegar a dous meses con facilidade... Claro que na Pública podemos falar de 6 meses... O Mundial de Fútbol de Qatar é máis importante nas Redes Sociais... Os colaboracionistas do Sergas As iniciativas lexislativas populares, poden aprobarse pero cando rematar a lexislatura remata o conto, e volvemos á casiña de saída... Sísifo está canso...