As cinco facultades de Economía acusan á Xunta de suprimir o emprendemento no novo currículo de ESO

Din que a redución de contidos relacionados coa economía e a empresa vai en contra das recomendacións da OCDE e a UE.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/05/2022 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

Os decanos das cinco facultades galegas de Economía e Administración de Empresas de Galicia critican tamén duramente o nobo borador do Decreto para o currículo de ESO e bacharelato en Galicia proposto pola Xunta. Denuncian que reduce as materias nestas áreas e apoian as reclamacións da Asociación Galega de Ensinantes de Economía de Secundaria (AGAEDES).

A través dun comunicado conxunto, os decanos recoñecen que nas tres universidades públicas galegas preocupa que a falta de competencias e coñecementos previos vai dificultar a adaptación do novo alumnado que ingrese nas facultades.

Advirten os decanos que o borrador do Decreto para a currículo de ESO e bacharelato en Galicia reduce contidos de formación económica, empresarial, financeira e de emprendemento. Ademais critican que na proposta da consellería non se propón a posibilidade de materias optativas que corrixan en parte a situación.

Tamén indican que a redución de contidos relacionados coa economía e a empresa vai en contra das recomendacións da OCDE e a UE sobre educación financeira e para o fomento do emprendemento. Por iso, apoian a proposta que presentou AGAEDES á Consellería de Educación con materias optativas para ofertar ao alumnado.

Emprendemento.
Emprendemento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta