Descobren un 'aliado' do mexillón de río, unha das especies máis ameazadas do planeta

Trátase do salmón atlántico. É a conclusión á que chega un estudo desenvolvido na Universidade de Santiago de Compostela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2022 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O mexillón de río, especie en perigo de extinción, ten no salmón atlántico un 'aliado' para garantir a súa supervivencia, segundo revela un estudo desenvolvido na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A investigación forma parte da tese doutoral de Pedro A. Castrillo Arias na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, con sede en Lugo. O obxectivo era indagar nas solucións para o cultivo dunha especie de mexillón de río que está en perigo de extinción.

Así, o estudo logrou caracterizar a interacción parasitaria entre as larvas do molusco e o salmón atlántico como hóspede, ademais de resultar de axuda para comprender esta fase larvaria e para analizar o efecto desta parasitación sobre a saúde do salmón.

Os mexillóns de río están considerados "enxeñeiros" do ecosistema e son capaces de filtrar ata 40 litros de auga ao día. A pesar disto, son uns dos grupos zoolóxicos máis ameazados do planeta.

Exemplares adultos de mexillón de río M. margaritifera, no seu medio natural
Exemplares adultos de mexillón de río M. margaritifera, no seu medio natural | Fonte: USC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta