A gastronomía de países europeos fúndese cos produtos autóctonos en Gondomar

Alumnado e profesorado do CIFP Manuel Antonio de Vigo elaboraron case 1.400 tapas.

Por E.P. | VIGO | 24/05/2022 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia

O programa da Deputación de Pontevedra 'Degusta Europa' levou ata o mercado de Gondomar diversas preparacións gastronómicas típicas de diferentes países europeos readaptados con produtos de quilómetro cero, é dicir, autóctonos da provincia.

En concreto, os encargados de elaborar as case 1.400 tapas foron 40 alumnos e profesorado do CIFP Manuel Antonio de Vigo. Ademais de veciñanza do municipio, acudiron ata o posto os deputados provinciais Santos Héctor Rodríguez e Iria Lamas, así como concelleiras do Concello.

Entre as degustacións preparadas polo estudantado están espuma de patacas e aire de cebollino, tosta de caballa afumada, risoto cremoso de grelos con espeto de galiña e bucle de lura crocante sobre produtos da terra, entre outros.

Tras o paso por Gondomar, 'Degusta Europa' continuará este xoves no Mercado do Progreso de Vigo e finalizará o 31 de maio no mercado da Guarda.

Alumnos do CIFP Manuel Antonio de Vigo preparan tapas no mercado de Gondomar no marco do programa 'Degusta Europa' da Deputación de Pontevedra.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Alumnos do CIFP Manuel Antonio de Vigo preparan tapas no mercado de Gondomar no marco do programa 'Degusta Europa' da Deputación de Pontevedra.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta