Os hostaleiros critican que hai locais que "non poden abrir" por "non conseguir" camareiros

Piden axudas aínda que non sexan a "fondo perdido".

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 25/05/2022 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Galega de Hostalaría e da de Lugo, Cheché Real, asegurou este mércores que, pola falta de camareiros, a situación resulta "tan desesperante que hai establecementos que non poden abrir porque non conseguen xente, e co investimento feito".

Este inconveniente, explicou, "vén de vello, con iniciativas desde 2019 para que se poida conciliar a vida laboral, a vida familiar e o lecer". "Temos que facer un sector máis conciliador e niso estamos polo que a nós compétenos. Isto vén dado polo éxito do turismo en Galicia onde cada vez hai máis viaxeiros, turistas e visitantes", comentou.

A isto suma que "se é difícil atopar traballadoras, máis difícil é conseguir xente especializada", advertiu Real, que engadiu que "se necesitan axudas". "Aínda que entendo que non se poden dar axudas a fondo perdido", abundou.

O hostaleiro lucense é consciente de que no sector téñense que "pór as pilas como sector turístico e hostalaría para facer máis atractivo traballar connosco". "Logo hai outra serie de medidas de calado máis profundo que se teñen que tomar por parte do Estado", concluíu. Finalmente Cheché Real asegurou que, actualmente, este "non é un problema da hostalaría senón de todos os sectores porque non hai xente que queira traballar".

Un grupo de turistas consulta unha carta na terraza dun bar en Santiago de Compostela.. César Arxina - Europa Press
Un grupo de turistas consulta unha carta na terraza dun bar en Santiago de Compostela.. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta