Jácome non descarta unha cuestión de confianza sen non lle aproban un crédito de 45 millóns

O aumento do orzamento chega a un ano das eleccións municipais.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 27/05/2022 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, convocou aos grupos políticos municipais no Concello a unha reunión este luns para explicarlles a súa proposta de modificación de crédito por 45,2 millóns de euros, para investir fundamentalmente en obras na cidade, aínda que non descarta forzar unha cuestión de confianza se non logra a aprobación.

Segundo informaron fontes do goberno local ourensán, o encontro ten como finalidade que os grupos dispoñan da información necesaria antes de levar a proposta ao pleno que se celebrará o venres, e o rexedor trasladou a súa confianza en que o resto de partidos  a apoie.

Así, apuntou que esta modificación permitiría dar resposta a necesidades que ten actualmente Ourense, a través dun programa de actuacións que se desenvolverían entre 2023 e 2024. Jácome buscará un apoio unánime ou, polo menos maioritario, antes de "forzar unha cuestión de confianza", medida que non descarta "no caso de que fose necesaria".

O goberno local pretende reforzar, con eses 45,2 millóns de euros, os investimentos que se están executando en Ourense, facendo uso do remanente de tesouraría.

Entre os investimentos previstos destacan 27 millóns para infraestruturas (plan de choque para reparar beirarrúas e fochancas, humanización da Avenida de Portugal, Parada Justel e Alejandro Pedrosa, ou un ascensor na Avenida de Marín); o convenio de máis dun millón de euros para as obras do Complexo Hospitalario; ou os convenios coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil para o saneamento en Velle e Coles.

Ademais, prevense investimentos adicionais en áreas como Servizos Sociais, Deportes, Educación, Termalismo, Medio Ambiente ou Artes e Festexos.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, somete o seu cargo de cuestión de confianza, a 14 de xuño de 2021, en Ourense
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, somete o seu cargo de cuestión de confianza, a 14 de xuño de 2021, en Ourense | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta