Inés Rey pide unha reunión a Rueda para debater os "retos" da Coruña

A alcaldesa amosouse moi crítica co executivo autonómico pola pasarela planeada entre a Coruña e Oleiros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2022 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, confirmou este venres que solicitará unha reunión ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para abordar os "retos importantes" da cidade, segundo expuxo a preguntas dos xornalistas.

"Como fixen con Feijóo enviarei unha carta para solicitar unha reunión", confirmou a rexedora, que considerou "lóxico" dar ao presidente da Xunta un "tempo de cortesía" desde a súa toma de posesión. No entanto, recalcou que "os retos importantes da cidade teñen que falarse". "Avanzaremos eses temas cando pasen uns días", apostilou.

CONCELLEIRA MÓNICA MARTÍNEZ

Por outra banda, preguntada pola situación da concelleira de Deportes, Mónica Martínez, despois de que un xulgado anulase o nomeamento da que entrou na corporación como edil de Cidadáns --formación que logo abandonou-- remitiuse ás valoracións feitas xa pola súa banda.

Así, sobre a aclaración do xulgado respecto das cantidades que ten que devolver a edil, se se declara firme a sentenza --e pendente dun posible recurso por parte do goberno local--, Inés Rei asegurou que xa respondeu a este "tema". "Xa fixen toda a valoración", insistiu.

Mentres, en relación á Casa Cornide, e a posible reclamación xudicial por parte do consistorio, remitiuse tamén ao xa manifestado na liña de proceder á reclamación deste ben, agora en propiedade da familia Franco, para o "patrimonio público". "Estamos a retomar cuestións pendentes, entre elas a Casa Cornide", dixo aludindo ao parón coa pandemia.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, ofrece unha rolda de prensa tras a Xunta de Goberno. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, ofrece unha rolda de prensa tras a Xunta de Goberno. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta