A Xunta volve pedir ao Goberno que aborde o financiamiento estrutural do sistema de atención á dependencia "canto antes"

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, volveu pedir ao Goberno central que achegue "o 50 % de financiamento esixido por lei".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2025 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, volveu pedir ao Goberno central que aborde "canto antes" o financiamento estrutural á dependencia e que achegue "o 50 % de financiamento esixido por lei". Así o fixo esta semana nunha reunión de traballo coa secretaria de Estado de Dereitos Sociais, Rosa Martínez, sobre cuestións relativas á nova modificación da Lei de dependencia e discapacidade.

Segundo explicou a Xunta nun comunicado, García destacou que "sen abordar o financiamento non é posible" un "avance real" no sistema de atención á dependencia. Neste sentido, exemplificou o caso de Galicia no que a achega ao sistema de atención á dependencia por parte do Executivo central "reducíronse ao pasar do 40% en 2023 ao 34,9 % en 2024, o que provoca que a débeda acumulada con Galicia nesta materia supere os 2.500 millóns de euros".

Tamén pediu o incremento dos importes mínimos e o aumento da achega do nivel acordado para continuar impulsando melloras no sistema de dependencia. Así mesmo, apostou porque se estableza que o envellecemento da poboación e a dispersión "teñan un maior peso nos criterios xerais de financiamento". Fabiola García volveu pedir ao Executivo central "que teña en conta" as necesidades das Comunidades Autónomas e dos Concellos que coa nova proposta terán que "incrementar as súas funcións, como no caso do Servizo de Axuda no Fogar que ampliaría as súas actividades".

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e a secretaria de Estado de Dereitos Sociais, Rosa Martínez
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e a secretaria de Estado de Dereitos Sociais, Rosa Martínez | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta