O millonario concurso do tradutor galego-castelán-inglés

A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de publicar no DOG un concurso polo que busca un "sistema para a tradución automática do galego ao castelán, do galego ao inglés e do inglés ao galego".A empresa gañadora levarase case 300.000 euros cando, en realidade, a metade do traballo -a parte que une galego e castelán- xa está feita. E esta non é a única sombra sobre a transparencia da futura adxudicación.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/09/2007 | Actualizada ás 20:42

Comparte esta noticia
‘Apertium’ ou ‘Opentrad’ son os nomes polos que se coñece a un programa aberto que traduce do galego, do catalán e do euskera ao castelán; e viceversa. Trátase dun tradutor automático creado con fondos públicos e que proporciona excelentes resultados. En realidade, nin a Xunta nin ninguén con conexión a internet necesitan doutro tradutor galego-castelán, pois ‘Opentrad’ pode usarse gratis na rede.

Por que non só galego-inglés?

Ademais, xa que é software libre, calquera pode melloralo ou adaptalo as súas necesidades. Por exemplo, os populares tradutores en liña da Universidade de Vigo e do IES Chan do Monte de Marín non son máis que evolucións de ‘Opentrad’, que na súa parte galega foille encargado á empresa compostelana Imaxin Software e ao Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.

Polo tanto, carece de sentido contratar un novo tradutor galego-castelán, pois o que fará calquera adxudicataria é reutilizar o ‘Opentrad’. Daquela, por que a Xunta non saca só un concurso para un sistema que una galego e inglés e que sexa compatíbel con ‘Opentrad’? Por que a Secretaría Xeral vai pagar de novo por un programa que, nunha boa parte, xa foi sufragado con diñeiro público?

"Importe desmedido"

Empresarios do sector das tecnoloxías da información sinalan tamén que o importe que a Xunta vai aboar polo sistema (ata 274.000 euros) é "totalmente desmedido", especialmente tendo en conta que unha parte substancial da aplicación é unha simple adaptación. Tamén se queixan do escaso prazo de execución, a penas un ano, que consideran imposíbel de cumprir de non ter comezado xa o tradutor galego-inglés.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 Xandokas

O bipartito está formado por unha "pandilla de delincuentes comúns de guante blanco"!!

3 Xandokas

A ROUBAR a ROUBAR que so quedan dous días!!!!!
¡Que me estou poñendo de moi mala "ostia"!!!!

2 Berenguel

Será para atender aos xaponeses.


INNOVACIÓN E INDUSTRIA PREVÉ TRIPLICAR EN 2010 O NÚMERO DE
TURISTAS XAPONESES QUE VISITAN O NOSO PAÍS
· O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presentou
dúas publicacións en xaponés sobre Galiza como destino, iniciativa
inédita ata o de agora, e explicou as perspectivas do turismo xaponés no
noso país
· O conselleiro, de viaxe institucional no Xapón, presidiu unha cea galega
no céntrico restaurante Ogasawara Tei, a cargo dos cociñeiros Toñi
Vicente, Marcelo Tejedor, Roberto Crespo e Carlos García
· Fernando Blanco anunciou que o seu departamento seguirá a
incrementar as relacións co país nipón e que o vindeiro Foro España-
Xapón se desenvolverá en Santiago de Compostela
Toquio, 11 de setembro de 2007. O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando
Blanco, acompañado polo director xeral de Turismo, Rubén Lois, e o xerente da SA
de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Eguíbar, presentaron en Toquio dúas
publicación pioneiras sobre Galiza como destino turístico, editadas en xaponés e
destinadas especificamente a dar a coñecer o noso país no Xapón, o “terceiro
mercado emisor mundial”, segundo dixo o titular nacionalista. O conselleiro explicou
que un obxectivo desexábel de cara ao próximo Xacobeo (2010) sería o de triplicar o
número de viaxeiros xaponeses no país galego.
Durante a presentación destas “obras singulares”, o conselleiro de Innovación e
Industria sinalou que o mercado turístico xaponés ten grandes posibilidades de
crecemento en Galiza, e disto é proba que o número de viaxeiros chegados ao noso
país se duplicou dende o ano 2000, cando nos visitaran algo máis de 6.000
xaponeses. Fernando Blanco informou de que número de pernoitas tamén se
incrementou substancialmente nos últimos anos, segundo as estatísticas de turismo
do Instituto Nacional de Estatística, pasando dunhas 9.000 en 2001 ás 19.500 do ano
2005, ano no que se superaron incluso as pernoitas de 2004, Ano Santo.
O conselleiro salientou o esforzo promocional da Consellaría de Innovación e
Industria por colocar Galiza como marca preferente no mercado turístico xaponés, e
unha das razóns que a Consellaría empregará para atraer este mercado é o de
“Galiza como país seguro e tranquilo”, xa que a garantía da seguridade é un dos
valores máis estimados polos xaponeses, indicou Blanco.
Ademais, Innovación e Industria seguirá a fomentar as relacións co país nipón non só
no ambito turístico, senón que tamén no económico. Así, o conselleiro anunciou que o
vindeiro foro España-Xapón se desenvolverá en Santiago de Compostela o vindeiro
outono logo das xestións efectuadas polo seu departamento. Fernando Blanco
afirmou que o actual peso das exportacións galegas ao Xapón xa é moi importante,
acadando o 80% do total das exportacións do Estado español ao país oriental.
Publicacións editadas en xaponés

1 alaljandro

Cu´´anta lectura nos falta, amijiños, para saber o que é una traducción. Ijual pensades que é o mesmo traducir do inglés ó castelán e do castelán o galego. Un pouquiño de lectura, home, por favor...a leer, home