Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2022 | Actualizada ás 13:50
Unha decena de persoas foron detidas esta semana en dous operativos antidroga orixinados na cidade de Ourense, aínda que un deles con ramificacións tamén en Vigo. Ambos os casos están instruídos desde a cidade das Burgas, concretamente desde o xulgado número 3 e desde o número 1 e, ademais das detencións, levaron rexistros ao longo deste mércores.
No marco da primeira das investigacións, a que capitanea o xulgado de instrución número 1 de Ourense, detívose a tres persoas, dúas na cidade das Burgas e unha en Vigo. En ambas as urbes leváronse a cabo rexistros, nos que se incautou tanto haxix como cocaína.
O outro dos operativos contra o narcotráfico, baixo segredo de sumario, saldouse coa detención de sete persoas e varios rexistros na cidade de Ourense. Está previsto que os presuntos implicados pasen este xoves a disposición do xulgado de instrución número 3.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.