Concello e taxistas reuniranse para tentar resolver a crise do sector en Santiago

O alcalde ve "correcta" a proposta de facilitar, durante datas sinaladas, a prestación de servizos de taxis de concellos como Ames, Teo ou Oroso.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 03/06/2022 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que o vindeiro luns se reunirá cos taxistas para abordar a situación de falta de servizo, o que obriga aos usuarios a esperar longas colas para conseguir un vehículo.

Taxi en Santiago de Compostela
Taxi en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press.

Doutra banda, o alcalde cualificou como "correcta" a proposta da Asociación de Taxistas de facilitar, durante datas sinaladas, a prestación de servizos de taxis de concellos limítrofes como Ames, Teo ou Oroso, aínda que revelou o seu descoñecemento sobre se este préstamo de servizos será "suficiente".

Así, o rexedor compostelán concluíu que deben "pensar que solucións tomar para esta etapa". Por iso, ademais de porse en contacto cos taxistas, tamén o farán coa propia Xunta, cuxo presidente, Alfonso Rueda, manifestou este xoves a intención do Goberno autonómico de abordar a cuestión co Concello.

Esta crise do sector comezou durante a Semana Santa, coas paradas de taxi de Santiago practicamente baleiras. A principal razón foi a escaseza de condutores, segundo advertiu o sector, á vez que influíu tamén a repunta na demanda ante a afluencia turística.

Pola súa banda, Bugallo declarou este luns que "algo non funciona ben", xa que hai 147 licenzas de taxi presentes en Santiago. Este número de licenzas, segundo explicou o alcalde, exceden as que corresponden por lei para a capital galega, xa que a cifra aplicable serían 98.

Desta maneira, o alcalde da capital galego indicou que se deben buscar "fórmulas para permitir o aumento de horas efectivas nas que os taxis traballan". Neste sentido, confiou en que a reunión do luns sirva para buscar unha solución co fin de garantir que "se cobre o servizo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta