A Xunta quere "minimizar o impacto" da LOMLOE co desenvolvendo parte dos currículos que lle corresponde

Esta fórmula pasa por desenvolver o 50% dos currículos que lle corresponden á autonomía cun grupo de 120 expertos que tentarán "minimizar o impacto desta lei" realizando "os mínimos cambios posibles" no sistema actual en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2022 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación traballa no desenvolvemento do 50% dos currículos educativos que lle corresponde co obxectivo de "minimizar o impacto" nas aulas galegas da nova lei educativa, que consideran unha "mala lei" que "se está desenvolvendo dunha maneira aínda peor".

Preguntados acerca da decisión de Murcia de non empregar os libros da LOMLOE este próximo curso, os responsables de Educación da Xunta avanzaron que comparten "a inquietude doutras comunidades" ante un Goberno "pretende usar a educación no seu beneficio" e avanzaron que tratarán de "corrixir esta situación a través dunha fórmula propia".

Esta fórmula pasa por desenvolver o 50% dos currículos que lle corresponden á autonomía cun grupo de 120 expertos que tentarán "minimizar o impacto desta lei" realizando "os mínimos cambios posibles" no sistema actual en Galicia.

"Ademais, corriximos os defectos e os contidos do Ministerio, especialmente en materias como Historia ou Filosofía e reforzando, en xeral, as competencias básicas lingüísticas, humanísticas, matemáticas e científicas", destacan fontes de Educación, que tamén fan fincapé en que se "preserva a cultura do esforzo coa que o Goberno pretende acabar", eliminando as notas numéricas --que en Galicia se manteñen-- ou pasando de curso con independencia do número de suspensos, "algo que en Galicia tamén se matiza, respectando a lei".

Román Rodríguez
Román Rodríguez | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta