Por E.P. | A CORUÑA | 08/06/2022 | Actualizada ás 17:06
O Concello da Coruña aprobou, en Xunta de Goberno Local, a tramitación anticipada para a contratación das obras incluídas na fase uno do plan de reurbanización do grupo de vivendas de María Pita-Labañou, cun investimento de máis de 700.000 euros.
Así o informou a alcaldesa, Inés Rey, en rolda de prensa, na que puxo en valor o plan para reurbanizar esta zona de face a "renovar e modernizar por completo a contorna" con actuacións como unha área de xogos ou a ampliación das zonas de arboredo.
Noutra orde de cousas, a Xunta de Goberno local aprobou diversos convenios con entidades sociais por valor de 761.000 euros, entre eles para axudas sociais ou progamas para a formación laboral de persoas con discapacidade psiquíca, entre outros.
Tamén se autorizou a implantación dun novo sistema tecnolóxico, cun prazo de execución de catro meses, para mellorar a mobilidade na cidade. O investimento, de case 600.000 euros, inclúe a adquisición de reguladores semafóricos centralizados e integrados na sala de control de Tráfico.
A iso, sumaranse dispositivos para informar os tempos de verde dos pasos semafóricos nos principais itinerarios peonís e na contorna das zonas escolares, centros de saúde e centros de día e outros acústicos con activación mediante tecnoloxía bluetooth en máis de 200 semáforos da cidade, o que permitirá a activación do dispositivo só cando realmente vaia a cruzar unha persoa con deficiencias visuais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.