O xardín botánico de Lourizán, distinguido pola Asociación Ibero-Macaronésica de Xardíns Botánicos

Son 52,5 hectáreas de terreo que dispoñen da maior colección de coníferas de Europa con máis de 200 especies e subespecies.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 08/06/2022 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

O xardín botánico do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, dependente da Consellería do Medio Rural, será nomeado este xoves socio numerario da Asociación Ibero-Macaronésica de Xardíns Botánicos, segundo anunciou a Xunta nun comunicado.

Esta organización agrupa 38 xardíns botánicos situados na Península Ibérica, e inclúe tamén os territorios macaronésicos das Illas Canarias, Azores e Madeira. Trátase dunha rede comprometida coa investigación, difusión, educación e conservación da diversidade vexetal. A súa finalidade principal é promover e coordinar proxectos en común, e impulsar o intercambio de coñecementos, experiencias, documentación e material vexetal.

O nomeamento de socio do xardín de Lourizán farase efectivo este xoves no XVI Congreso da asociación en Madrid, nun acto no que asistirán en calidade de representantes Enrique Martínez Chamorro, director do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e Francisco Javier Silva, xefe do departamento de Protección Forestal deste centro.

O CIF de Lourizán conta con 52,5 hectáreas de terreo onde dispón da maior colección de coníferas de Europa con máis de 200 especies e subespecies. Na actualidade conta con máis de 850 especies catalogadas, a maioría árbores e arbustos que integran a colección máis importante de toda Galicia e das máis numerosas de España.

O xardín botánico de Lourizán, distinguido pola Asociación Ibero-Macaronésica de Xardíns Botánicos.. XUNTA
O xardín botánico de Lourizán, distinguido pola Asociación Ibero-Macaronésica de Xardíns Botánicos.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta