Condenado a oito anos de cárcere por abusar sexualmente dunha menor que coñeceu por Instagram

O home cometeu o crime cando tiña 24 ano e a súa vítima 15.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 14/06/2022 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense condenou a oito anos de cárcere a un home que, en setembro de 2018, cando tiña 24 anos, abusou sexualmente dunha menor de 15 anos tras manter contacto con ela a través da rede social Instagram.

Audiencia provincial de Ourense.
Audiencia provincial de Ourense.

Ademais, o tribunal impúxolle oito anos de liberdade vixiada, a prohibición de achegarse a menos de 200 metros da vítima e o pago dunha indemnización de 3.000 euros.

A Audiencia considera feito probado que o procesado acolleu a adolescente na súa casa tras intercambiar mensaxes con ela pola rede social e que lle pedise acudir á súa vivenda a beber alcol. Unha vez alí, segundo sinala a sentenza, beberon tequila e a moza sentiuse indisposta, e o procesado levouna a súa habitación.

Así mesmo, na resolución relátase que, transcorrido un tempo, a moza dirixiuse ao baño, onde vomitou e manchouse a roupa. O condenado, sempre segundo o fallo, espiuna e meteuna na ducha, onde tamén se introduciu el espido. A continuación, metéronse na cama, onde o procesado, segundo a Sala, abusou sexualmente da menor e tentou penetrala, aínda que cesou a súa intención ante a negativa da vítima.

Segundo o tribunal, a declaración da afectada resulta "avalada por varios elementos de carácter obxectivo, sendo o máis destacable o obtido a través da proba pericial practicada polo instituto de toxicoloxía", xa que evidencia que se achou ADN pertencente ao procesado, "tanto na mostra da zona do pescozo e raíz do pelo da menor como na obtida da vaxina".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta