A Coruña saca adiante a primeira ordenanza municipal de subvencións

A proposta de ordenanza recolle, ademais, a creación do Rexistro Público Municipal de Axudas, Subvencións e Convenios, permitindo a consulta pública dos datos recolleitos na mesma.

Por E.P. | A CORUÑA | 15/06/2022 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña, a través da área de Economía,Facenda e Réxime interior, iniciou os trámites para a aprobación da primeira ordenanza municipal para a regulación das subvencións.

Tras a aprobación do plan estratéxico de subvencións 2021-2023 o pasado 2021, púxose en marcha a elaboración dunha ordenanza para regular de forma xeral a concesión de subvencións na administración local, explica.

O obxectivo desta nova regulación é, segundo o portavoz do goberno local, José Manuel Lage, "seguir avanzando na optimización dos recursos, na racionalización dos procedementos e dotar de transparencia á xestión de todas as subvencións concedidas polo Concello da Coruña e os seus organismos públicos".

A proposta de ordenanza recolle, ademais, a creación do Rexistro Público Municipal de Axudas, Subvencións e Convenios, permitindo a consulta pública dos datos recolleitos na mesma.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta