Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2022 | Actualizada ás 20:38
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, insistiu este sábado en demandar ao Goberno central "transparencia e celeridade" para arranxar o viaduto da A-6, que se derrubou o pasado 7 de xuño e que sufriu un novo derrubamento este mesmo xoves.
En declaracións aos medios na clausura do Congreso do PP de Chantada, Prado sinalou que se trata dunha entrada "fundamental" para Galicia.
Así mesmo, puxo en valor que este venres, tras a reunión entre a Ministra de Transportes, Raquel Sánchez, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o titular do goberno autonómico puxese "a disposición do Goberno central "todos os medios posibles" para arranxar esta vía.
Así, volveu a incidir en que esperan que o Goberno de Pedro Sánchez poña "a máxima transparencia" neste asunto para "dirimir o máis axiña posible as causas do derrube e coñecer cal vai ser o período para arranxalo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.