Outra visión do anarquismo

A historografía oficial caracteriza ao movemento anarquista en España como unha minoría violenta, provocadora da tensión que desembocou na Guerra Civil. Con todo, este documental de Televisión Española presenta, dando voz aos protagonistas dos movementos revolucionarios de comezos do século XX , unha interpretación diferente do que significou a loita por aquela utopía.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 03/08/2014 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

Vivir a utopía é un documental de 1997, producido por TVE e dirixido por Juan Gamero, no cal se describe a experiencia anarcosindicalista e anarcocomunista vivida en España que transformou radicalmente as estruturas da sociedade en amplas zonas do bando republicano, evento denominado revolución española, durante a guerra civil de 1936-39.

Consta de 30 entrevistas con sobrevivientes anarquistas da revolución española, cuxo testemuño mostra o labor construtivo da revolución social e os antecedentes históricos do movemento libertario español.

Esta labor construtivo significou segundo o documental a organización de colectividades agrícolas de ao redor de 7 millóns de campesiños, 3000 fábricas e empresas colectivamente autoxestionadas nas cidades, a unión de 150.000 milicianos anarquistas contra o fascismo, así como as actividades culturais e o movemento Mulleres Libres de mulleres contra o patriarcado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta