Pontón acusa o PP de "querer cargarse a cerna da atención primaria" e pide "estabilidade" para os profesionais

Pide tamén a contratación doutras especialidades que complementan a primaria.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/06/2022 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou ás políticas do PP de "querer cargarse claramente a cerna da atención primaria", polo que reclamou, en contraposición, máis investimento para darlle, entre outras cuestións, "estabilidade" aos facultativos, xunto coa contratación doutras especialidades que complementan a primaria.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, á súa chegada a unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a 6 de xuño de 2022
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, á súa chegada a unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a 6 de xuño de 2022 | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press.

Pontón reclamou ao presidente da Xunta que "se poña en serio para traballar na sanidade pública e para frear o desmantelamento e o colapso na sanidade", da que "o responsable é o PP".

"Temos uns profesionais excepcionais que fan que as cousas vaian saíndo adiante, pero hai déficits que non dependen dos profesionais da sanidade pública e, para iso, é necesario estabilizar as persoas", manifestou.

Pontón insistiu en que é "necesario estabilizar" o persoal facultativo. Así, lembrou a "dimisión en bloque de todos os xefes de atención primaria de Vigo", como "resultado de que o PP quere cargarse claramente o núcleo da atención primaria".

A dirixente nacionalista lembrou a "aposta clara" da súa formación, que é un paquete de 200 millóns, con contratación de profesionais doutras especialidades --psicólogos, matronas, fisioterapeutas, etc.--. "Cando se recorta a sanidade pública, recórtase a calidade de vida da xente", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta