A Xunta esixe ao Goberno que financie os gastos na atención a persoas refuxiadas de Ucraína

A administración puxo en valor a posta en marcha dunha unidade móbil de información, que conta cunha intérprete e cunha traballadora social para ofrecer asesoramento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2022 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

A Conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, solicitou ao Goberno central que financie todos os gastos que teñen as comunidades autónomas na atención ás persoas refuxiadas ucraínas. Así o pediu este mércores nunha videoconferencia co ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá.

Nun comunicado, a Xunta destacou que Fabiola García instou ao Executivo nacional a ampliar o financiamento destinado a atender ás persoas que foxen do conflito armado de Ucraína a máis áreas que a sanitaria e a educativa.

A conselleira asegurou que a Administración autonómica tamén está a achegar axudas a estas persoas para as súas necesidades básicas, como a compra de alimentos ou produtos de hixiene, ou na escolarización na etapa 0 a 3 anos, entre outros.

UNIDADE DE FORMACIÓN

Así mesmo, a conselleira puxo en valor o compromiso da Xunta de Galicia coa atención a estas persoas. Neste sentido, lembrou a posta en marcha dunha unidade móbil de información, que conta cunha intérprete e cunha traballadora social para ofrecer asesoramento sobre todos os trámites que debe facer a poboación refuxiada e os servizos que teñen á disposición.

A oficina itinerante empezou o seu percorrido en abril e visita as localidades con maior presenza de refuxiados pars que poidan acceder aos servizos de forma sinxela e áxil.

Persoas refuxiadas da guerra en Ucraína
Persoas refuxiadas da guerra en Ucraína | Fonte: EFE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta