O presidente da Fegamp, Alberto Varela, lembrou este martes que a asistencia a persoas refuxiadas que chegaron a Galicia desde Ucraína "pasou polo mesmo embude" dos servizos sociais municipais, que "non dan abasto".
  comenta   0
Trataríase de Anastasia Kushnir, nacida en 2008, segundo unha alerta publicada en redes sociais pola Asociación de Ucraínos de Galicia. En devandito post, indican que a moza vivía en Alemaña cando lle dixo á súa nai que se ía a Portugal.
Como xa sucedera coa guerra de Ucraína, ante graves crisis financieiras, a poboación colle medo de que os cartos perdan o seu valor e, para tratar de evitalo, o mundo das criptos é unha boa alternativa.
  comenta   0
Un total de trece cidades españolas correrán en febreiro na carreira solidaria organizada pola ONG Entreculturas e Alboan pola educación de nenos e nenas en situación de refuxio ou desprazamento forzoso en países como Ucraína, República Centroafricana ou Colombia.
O Goberno decidiu subir do 5 ao 10% o IVE, tras baixala do 21% en 2021 para facer fronte á crise e a guerra de Ucraína.
  comenta   0
Oihana Goiriena é a compañeira de Pablo González, xornalista español de orixe rusa baixo detención preventiva en Polonia desde hai dous anos. Ohiana falou con Galicia Confidencial sobre a situación de Pablo González desde a súa detención hai case dous anos. De momento non se presentaron cargos oficiais contra el nin hai probas que demostren labor algún como informador pro-ruso. Un cambio de goberno en Polonia podería darlle a volta á situación.
  comenta   0
Os migrantes acollidos nun albergue do Porriño descansan atendidos pola ONG Diversidades. O seu responsable di que se notou "un cambio" con respecto a outros procesos de acollida de cidadáns doutros lugares, como Afganistán ou Ucraína.
  comenta   1
A vicepresidenta primeira, Nadia Calviño, lembrou que tras a agresión de Rusia a Ucraína a UE non pode depender dun único provedor e debe reforzar a súa autonomía estratéxica.
  comenta   0
Están integrados en todas as ramas militares do exército ucraíno. Defínense como inimigos da opresión. Son de varias nacionalidades: ucraínos, rusos, bielorrusos e de outros países occidentais. O seu lema é: “Pola nosa liberdade e pola túa”. Hai varios grupos anarquistas, pero a maior organización é o Comité de Resistencia. Trátase da principal coordinadora de voluntarios antifascistas e libertarios que tomaron as armas contra a invasión de Moscova. A nova crónica da corresponsal de GC na Guerra de Ucraína, Miriam González.
  comenta   2
O prezo de ambos os carburantes consolídase amplamente por encima dos niveis aos que ascendían antes do estalido da guerra de Ucraína pola invasión rusa que comezou o 24 de febreiro de 2022 e que, no caso do diésel, era de 1,479 euros por litro, e, para a gasolina, de 1,594 euros por litro.
  comenta   0
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, animou aos armadores de buques pesqueiros a solicitar as axudas convocadas pola Xunta para compensar o encarecemento do gasóleo durante 2022 pola guerra de Ucraína e paliar o seu impacto nas súas contas.
  comenta   0
Segunda metade dos setenta. Meu pai sentaba na sala e poñíase a ler unha revista. Eu sentábame perto del rodeado dos meus tebeos: “El Jabato”, “Capitán Trueno”, “Zipi-Zape”, “Mortadelo y Filemón”... pasábamos un bo rato enfrascados na lectura e de vez en cando o meu pai facía algún comentario en alto, que eu non entendía. Algunha tarde, mentres se levantaba a facer café ou a falar coa miña nai, collía a súa revista e vía que tiña moita letra, moitísima letra, algunhas fotos e apenas algún debuxo, que ao contrario dos dos meus contos eu non entendía: nin chisca de gracia tiñan pensaba. Nin sequera os libros da escola tiñan tanta letra. Dende a miña visión de neno de pouco mais de dez anos aquela revista formaba parte do mundo incomprensible dos maiores, un mundo co que nos ameazaban cando en voz alta dicían aquela frase coa que remataban moitas discusións: “Cando sexas maior xa o entenderás”.
  comenta   0
Un novo camión de axuda humanitaria, en concreto trátase do número 31, sae da cidade da Coruña cara a Ucraína.
  comenta   0
É o máximo responsable do Comité Antifascista da Lourinha e cualificou de "fascistas" ou "nazis" a diferentes institucións, entre elas á Asociación de Empresarios de Mos (Aemos).
Unha comunidade de case cen mil persoas na popular rede social desfruta dos edificios, grandes murais e impresionantes vidreiras que se erixiron por toda a xeografía ucraína nos tempos da URSS. A súa preservación non é fácil. Os ataques de Rusia son unha ameaza para estas construcións, pero o “estigma sobre o soviético” e a corrupción tamén xogan en contra da súa supervivencia. Nova crónica de guerra da correspondente Miriam González.
  comenta   0
Non hai moitas mulleres soldado, pero grazas as súas habilidades de combate “Nika” gañouse o seu posto nun grupo das forzas especiais de Ucraína. Participou en perigosas misións durante máis de sete meses e estivo a menos de 100 metros dos soldados rusos na fronte de batalla. Unha nova crónica de Miriam González desde a guerra de Ucraína.
  comenta   3
Ignacio Ramonet (Redondela) impartiu na Facultade de Ciencias da Información en Santiago un seminario sobre xeopolítica con especial interese nas consecuencias da pandemia e da guerra en Ucraína. A idea é que o mundo se polariza cada vez máis entre Occidente e China coa súa área de influencia, isto materialízase nunha guerra comercial entre os dous espazos económicos e políticos. Considera que a poboación mundial non está preparada para outra pandemia como a da COVID aínda que si se puideron extraer coñecementos sobre como tratar unha nova crise sanitaria.
  comenta   1
A primeira vez que pisou unha zona de conflito foi no sitio de Mostar, en Bosnia, tiña 22 anos e era un soldado do exército de Alemaña. Roland loitou cos croatas primeiro e cos albanokosovares despois, viu cos seus propios ollos como acababan dúas guerras europeas e agora consegue axuda para os soldados que combaten contra Rusia. Crónica de Miriam González, reporteira galega que se atopa nestes momentos no punto máis quente do planeta.
  comenta   0
Nun seminario da USC abordou temas da xeopolítica actual, como o cambio climático, as migracións masivas, as innovacións tecnolóxicas e a crise da Organización das Nacións Unidas
  comenta   0
Dous ex soldados de Colombia decidiron alistarse na Lexión Internacional de Ucraína para axudar o esforzo bélico do país e volver a “sentir a adrenalina do combate”. Crónica de Miriam González, reporteira galega que se atopa nestes momentos no punto máis quente do planeta.
  comenta   1
Galicia Confidencial comeza unha segunda serie de reportaxes sobre a guerra de Ucraína con Miriam González, reporteira galega que se atopa nestes momentos no punto máis quente do planeta. Nesta nova crónica, Miriam relata a historia de Denís Budnikov que saíu de Mariupol en marzo de 2022 mentres o exército de Moscova desataba tormentas de mísiles sobre o seu fogar, pero o seu fillo adolescente quedou alí atrapado.
  comenta   0
A Embaixada de Ucraína atenderá este sábado na Coruña a ucraínos residentes no noroeste peninsular.
Galicia importaba moito máis do que exportaba tanto a Ucraína como a Rusia antes do conflicto iniciado en febreiro de 2022. Desde entón, a balanza comercial galega mudou significativamente.
  comenta   0
Chega ao porto da Coruña o maior cargamento de millo ucraíno que recibe Galicia desde o inicio da invasión rusa. Un comercio que volve perigar pola decisión de Rusia de bloquear a saída de gran.
Hai un ano, o goberno de Putin tomou a decisión de invadir Ucraína. A grande maioría dos gobernos europeos e dos observadores que analizan, habitualmente, a situación política internacional non tiñan considerado a posibilidade de tal actuación dos dirixentes rusos. No seo da opinión publica e publicada que se move en coordenadas de esquerda, a sorpresa tamén foi moi notoria.
  comenta   0
Borja Sémper vinculou a presentación desa moción coa "maneira diferente" de interpretar a política por parte do PP de face ao futuro do país e, ante a próxima convocatoria de eleccións xerais
  comenta   0
O deputado do BNG Xosé Luís Bará pediu "una certa altura de miras e altura ética, máis aló da carroñería política de quen quere utilizar a dor das vítimas para outros obxectivos"
  comenta   0
Hai uns días Xoán Hermida publicaba no dixital Infolibre.org un interesante artigo, “20 años del nacemento de la Ciudadania Global” no que analizaba o devir do movimento pacifista dende as mobilizacións multitudinarias contra a guerra de Irak ata a nula mobilización social contra a agresión imperialista rusa contra Ucraína. É sen dúbida unha reflexión acertada, que axuda a comprender o silencio cómplice, nun casos, moitos casos, de boa parte da esquerda.
  comenta   0
O cantautor Amancio Prada, a banda ucraína DakhaBrakha, a fadista Ana Moura, a arxentina La Yegros e a artista dos EUA Layla McCalla forman parte do cartel.
  comenta   0
O terceiro paquete de axudas para paliar as consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína, que foi aprobado o martes polo Consello de Ministros, entra en vigor este domingo 1 de xaneiro.
  comenta   0
O PPdeG di que Galicia seguirá "comprometida coa convivencia", o BNG critica que apoie o "belicismo da OTAN" contra Rusia e o PSdeG di que fixo unha chamada á cumprir ás "normas do xogo institucional".
  comenta   1