AGA Ucraina advirte que a falta de fondos pode facer perigar proxectos de axuda sanitaria

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2023 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA Ucraina) alerta de que a falta de financiamento para o primeiro trimestre de 2024 pon en risco o proxecto Asistencia Sanitaria Móbil e convida, ademais, ás empresas a destinar achegas ás iniciativas 'Quero ouvir' e 'Reis Magos de verdade'.

Nun comunicado, a organización lembra que Asistencia Sanitaria Móbil presta atención médica en territorios desocupados, así como subministración gratuíta de medicamentos e lentes e apoio psicolóxico, entre outras tarefas.

Respecto de 'Quero ouvir', que atende a persoas que perderon a audición debido a explosións na guerra de Ucraína, a entidade solicita ás empresas que destinen "unha parte dos seus fondos ao proxecto".

Os dispositivos auditivos adquiridos co financiamento, segundo explica, van dirixidos a "militares e civís que experimentaron discapacidade auditiva como resultado de hostilidades, actos terroristas ou sabotaxes causadas pola agresión militar".

Na mesma liña, AGA Ucraina reclama colaboración co programa 'Reis Meigos de verdade' para que "nenos e nenas, non só ucraínos, e mesmo anciáns reciban o seu desexado agasallo".

Un grupo de persoas suxeitan bandeiras de Ucraína durante unha manifestación contra a invasión rusa de Ucraína
Un grupo de persoas suxeitan bandeiras de Ucraína durante unha manifestación contra a invasión rusa de Ucraína | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta