Bruno González Cacheda, profesor de Ciencia Política na UVigo, analiza como a Unión Europea actúa á marxe dos seus intereses estratéxicos nun escenario global cada vez máis volátil. Dende Ucraína ata Israel, Europa alíñase con Estados Unidos sen construír unha política exterior propia.
  comenta   0
Bruno González Cacheda, profesor de Ciencia Política na UVigo, analiza as motivacións do ataque a Irán e a resposta calculada de Teherán, nun contexto de hexemonía estadounidense en crise. Pese á gravidade do ataque do pasado sábado, Irán optou por unha resposta medida.
  comenta   0
A acción conxunta de Israel e Estados Unidos contra as instalacións nucleares de Irán reaviva a estratexia da disuasión militar e a loita pola hexemonía global. A visión económica de Trump mestúrase coa estratexia de Israel para evitar unha bomba nuclear iraniana... e quizais tamén un réxime. Falamos con José Julio Fernández Rodríguez, catedrático de Dereito Constitucional da USC e director do CESEG.
  comenta   0
Para Educación, os principios que deben primar son os "valores constitucionais, o pluralismo social e o pensamento crítico". Anpas Galegas piden explicacións ao conselleiro por esta nova norma.
  comenta   0
Despois do acontecido no Festival de Eurovisión, onde as ameazas prohibindo insinuar textos ou bandeiras polo que pasa en Gaza ou en Ucraina, non me queda outra que criticar un acordo que foi un erro a todas luces. O silencio agochando o que acontece nunha parte do mundo é dun fariseísmo que arrepía. Pois a realidade manca e moito a millóns de seres humanos que asistimos a un exterminio, e en certa medida, con ise silencio facémonos cómplices do que ali acontece.
  comenta   0
(O Proxecto suicida da fortaleza europea)
  comenta   0
Igual que sucedeu con Marx no seu momento, voces agoreiras procuran con obstinación confinar o pensamento de Lenin ao faiado das antigüidades, dos obxectos superados pola historia.
  comenta   0
Nas loitas do maio do 68 francés, século pasado, alguén acuñou unha frase que dicía: Que paren o mundo que baixo.
  comenta   0
Na primavera de 1975, o Exército dos USA sufriu unha contundente derrota na guerra de Vietnam. A pesar do grande volume de recursos humanos e materiais empregados durante 20 anos e da encarnizada crueldade practicada, as forzas armadas norteamericanas non foron quen de eliminar a mobilización resistente protagonizada pola poboación vietnamita.
  comenta   0
.. porque a historia continúa, máis aló de nós, e cando ela di adeus, está a dicir: ata logo... Eduardo Galeano
  comenta   0
A compravenda de vivendas por estranxeiros en Galicia aumenta un 22,5%. Cun total de 1.040 operacións neste período, o prezo medio na comunidade autónoma situouse en 1.058 €/m2, un 5% máis que no mesmo período de 2023, e por baixo da media estatal do 8,6%.
  comenta   0
Sumar, ERC, Bildu e Podemos avogaron por lograr a autonomía estratéxica da Unión Europea (UE) en materia de seguridade e defensa.
  comenta   0
Nun momento histórico de gran incerteza global, as recentes declaracións de Irene Montero, ao salientar que “EE.UU. non ten aliados, ten servos aos que someter, expoliar e humillar”, expoñen unha fonda reflexión sobre a natureza das relacións internacionais e a postura de Europa no mundo.
  comenta   0
É tempo de deixar atrás a vella orde xurdida do fin da Segunda Guerra Mundial en 1945 e superar para sempre os vellos privilexios da política de bloques deseñados por quen na actualidade están a mostran o seu verdadeiro rostro
  comenta   2
A Historia amosa que un dos parteaugas que separou as monarquías medievais dos modernos estados foi dotarse dun exército grande, centralizado e permanente. Xerou un gran medro do poder central, un aumento dos impostos como nunca e, có tempo, contribuíu a unha reximentación e reconfiguración social, particularmente visible na Francia.
  comenta   0
Os americanos non dan puntada sen fío. Primeiro véndenlle as armas e as bombas ós israelitas e, dende que todo esta desfeito, dinlle ós perdedores desa guerra, que son os palestinos, que fuxan pra outros lugares que eles queren mercar e reconstruír a zona desfeita pra convertela nun espazo de lecer e así sacar tallada económica do asunto.
  comenta   0
Segundo explicou a Armada en Ferrol, esta actividade de seguimento dos buques rusos enmárcase dentro das Operacións de Presenza, Vixilancia e Disuasión (OPVD)
  comenta   0
Despois de levar xa 6 anos realizando expedicións a grandes montañas, asegura que "a máis de 7.000 metros o mal de altura pode acabar contigo". Premiado pola Federación Galega de Montaña por ter coroado o Gasherbrum II (8.035 metros), reflexiona sobre a saturación turística nalgúns cumios e conta ao GC como logrou este reto.
  comenta   0
O tamén director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG) explica ao Galicia Confidencial que "nun mundo incerto como o é o actual, con tantas variables xeopolíticas que percibe a opinión pública con certa inquedanza, nestas eleccións claramente primou a lóxica de apoiar o 'chegar a final de mes' económico", algo que tamén pesou para a poboación inmigrante que foi votar, pois "ao estar legalmente residindo nos Estados Unidos, a política migratoria de Trump non lles afecta".
  comenta   2
Aconsello non facer demasiado caso ao consellos gubernamentais sobre non visitar Rusia.
  comenta   2
Da man de Rosa Regueiro, investigadora e profesora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) participante nas xornadas 'A cuestión enerxética en Galicia: entre economía, territorio e sociedade', organizadas polo Consello da Cultura Galega (CCG), coñecemos cales son as causas de que o modelo social económico actual estea en risco.
  comenta   0
A iniciativa foi presentada polo PPdeG. Os nacionalistas reivindicaron a súa aposta "pacifista", cunha saída "diplomática e negociada" ao conflito.
  comenta   0
Galiza sen gas denuncia que este gas axuda a rearmar a Rusia e tamén danar o medio ambiente en Estados Unidos, onde se estrae coa nociva técnica do "fracking". Reganosa di que "nin compra nin vende gas, senón que facilita a súa entrada en Galicia a través de Mugardos".
  comenta   0
O embaixador de Ucraína en España, Serhii Phororelstev, está estes días de visita en Galicia para estreitar os lazos humanitarios e comerciais entre a rexión e o seu país. A CEG organiza unha xornada na que participan compañías de sectores como construción, TIC, enerxía, alimentación, formación ou investimentos.
  comenta   0
A chamada Semana Santa foi un bo tempo pra reflexión e a meditación. Tamén un tempo vacacional e de divertimento. Pois ben, un tema pra darlle unha volta é pensar no que pode acontecer si hai un conflicto bélico mundial.
  comenta   0
Amancio Ortega ocupa o 13º lugar da lista Forbes e segue como a fortuna máis grande de España por diante da súa filla. EE.UU., China, India, Alemaña e Rusia son os estados con máis multimillonarios.
Neón perdera a cobertura en varias ocasións durante a súa viaxe, iniciada fai dez días, polo que tampouco saltaron os sinais de alerta. Afortunadamente, non houbo que lamentar males maiores xa que na madrugada deste domingo volveu ter cobertura e informar da súa posición.
  comenta   0
Polo momento non se trata dun suceso preocupante, a falta de máis información, xa que o barco perdera a cobertura noutras ocasións durante a súa viaxe.
  comenta   0