Pode arredarse música e cultura da política?

Despois do acontecido no Festival de Eurovisión, onde as ameazas prohibindo insinuar textos ou bandeiras polo que pasa en Gaza ou en Ucraina, non me queda outra que criticar un acordo que foi un erro a todas luces. O silencio agochando o que acontece nunha parte do mundo é dun fariseísmo que arrepía. Pois a realidade manca e moito a millóns de seres humanos que asistimos a un exterminio, e en certa medida, con ise silencio facémonos cómplices do que ali acontece.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 22/05/2025

Comparte esta noticia
As actividades dos humanos, en calquera sociedade,  nunca estiveron ó marxe das expresións artísticas e do acontecer diario. Mellor: as expresións artísticas de todo tipo sempre sinalaron e reflectiron o momento social e político. Pensemos nas pinturas negras de Goya ou no Guernica de Picasso. Impedir que a xente  exprese os sentimentos, sitúanos  nos países con ditaduras que afogan e sancionan a creatividade. E, pola contra,  o silencio axuda e moito ós gobernantes que fan todas esas atrocidades, como é o caso de Rusia con  Ucraina  e Israel cos gazatíes. 
 
O silencio, o mirar pra outro lado é  facerse cómplice, pra  axudar que se invadan países ou se cometa  un xenocidio como acontece en Gaza. O mundo artístico, aínda que sexa nun festival un tanto chusco,  no que a posta en  escena ten máis valor co contido das letras e a calidade da música, non é alleo ó acontecer do presente.  E o seu silencio é unha tristura que nos afoga.  Por eso ó falar deste acontecemento véñenme á memoria  o gran traballo dos cantautores no réximes  de ditaduras como Victor Jara en Chile que o pagou coa súa vida; e no caso do noso pais todos aqueles músicos e poetas que ergueron, con textos e  cantigas,  a súa voz contra a ditadura franquista.
 
Non, as actividades humanas todas están enclavadas en accións que son política, política  que nace na sociedade. Outra cousa e que sexa política partidaria,  eso é unha  cuestión ben distinta. O silencio converte en cómplice da barbarie a quen se agocha e branquea ós que  executan ou mandan executar.  O silencio diante os feitos bárbaros que hoxe están acontecer en moitas partes do planeta son  un lastre que nos implica a todos como seres humanos. Obvialos mirando pra outro lado dálle oxixeno ós asasinos que amparados nesa complicidade pisan as leis internacionais como a dos dereitos humanos e incluso as da guerra. Leis  que impiden empregar a fame como arma nun conflito. Non, e non, no Festival de Eurovisión xa non debía  esta Israel.
 
A cultura, e todas as expresións artísticas,  non poden calar diante a inxustiza e as barbaridades que acontecen en calquera parte do planeta. A cultura, e neste caso a música,  nace no seo da sociedade xunto á política e ambas van ligadas  da man. Polo  que,  o que  aconteza nesa sociedade aínda que non nos guste, sempre marcará a existencia, o compromiso  e o saber estar  do ser humano.  Pechar os allos diante a represión xa non serve para á convivencia social. Censurar, unha frase cunha lenda a prol dos pobo palestino,  foi un erro que desprestixia a un festival que esmorece ano tras ano coa  manipulación do televoto.

RTVE emite unha mensaxe a favor de Palestina antes de Eurovisión: 'Fronte aos dereitos humanos, o silencio non é unha opción'. RTVE
RTVE emite unha mensaxe a favor de Palestina antes de Eurovisión: 'Fronte aos dereitos humanos, o silencio non é unha opción'. RTVE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com