Galiza Nation

Nos tempos que corren camiñar pola vida con tranquilidade parece ser un obxectivo complicado de acadar. Os acontecementos e novas do mundo que día a día nos chegan axitan a vida traendo moita incerteza.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 12/05/2025

Comparte esta noticia
Os historiadores din que o mundo se move por etapas ou ciclos  que van marcando o devir da vida dos pobos e tamén colectiva. E como isto parece ser verdade, as voces  dos entendidos din que no planeta terra estamos a entrar nunha nova era. Un novo tempo que lle abre a porta a un futuro no que semella que, moitos dos principios e normas que ate agora eran as que rexían a orbe, están a mudar. E xa veremos se é pra ben ou pra mal. O tempo cos feitos dirao. 
 
Pois ben, querendo descansar  dese remuíño de novas  que nos envolve a todos, cae na miñas mans unha novela que me sitúa no século XXII. Nada menos que  despois do colapso do sistema  neoliberal que existe como modelo económico no mundo,  no ano 2148, Galizan é unha república independente que estreita lazos de amizade e lingüísticos  con Portugal, e que, ademais de vivir un tempo de moita riqueza, pois exporta enerxía pola que recibe moitos beneficios, ten abolido as normas da Autonomía incluíndo tamén  as ortográficas; pois esta Nation  considera estas  leis antigas e  que, polo tanto,  están  superadas polos anos. O relato sinala  que a  república ten un goberno ideal á altura dos tempos; un goberno que respecta todos  os dereitos dos galegos e da natureza,  e que vela por eles con moito interese e eficacia, polo que este pequeno estado vive na vangarda dos avances sociais e tecnolóxicos que nese tempo hai  o mundo.  
 
Dentro da trama un xuíz, un empresario e  varios funcionarios  que actúan caladamente, tentan violar as leis que no momento rexen na república galega, e  traballan pra que unha empresa instale uns antigos xeradores  nunha fraga, co perigo que iso ten  para o medio natural.  Cuestión que ó final é  abortada. 
 
A novela está dividida en 50  pequenos episodios que axudan a que o relato sexa moi áxil. Esta  escrita en galego reintegrado, aínda que a súa lectura é moi sinxela. Os conspiradores  da trama terminan  fuxindo para España, pois no fondo tentaban pra facilitar a instalacións dos  muíños  ó marxe das leis da república coa colaboración  deses funcionarios e o xuíz. A conclusión do relato  remata  abríndolle un xuízo  ao xuíz colaborador, mentres os  demais implicados na trama desaparecen da escena.  
 
Na derradeira frase fai unha referencia a coidar o amor entre as persoas e, baixo o meu punto de vista,  abre a porta a que continuará a novela nun futuro en lugares lonxe desta terra.
Pois ben, ás veces é relaxante absterse da realidade cotián  pra deixar voar o maxín e non entrar en certo pánico polos acontecementos mundiais. E esta novela axuda a acadar ise obxectivo. Pois neste tempo fuxir, aínda que sexa por poucos días,  dos acontecementos do mundo e das novas de todo tipo, medias verdades e trolas  que día a día nos chegan por moitos medios,  é un relaxante que axuda a vivir.  Pois, estamos nun tempo no que están no poder persoeiros egocéntricos, narcisistas e medio tolos que aspiran rehabilitar as vellas ideas de séculos pasados,  e  hoxe son os que mandan. Ideas  que a moitos nos fan tremar. Persoeiros que actúan  como donos do planeta e tamén como vedetes, polo que  semella que xogan co taboleiro do  mundo saltándose toas as leis habidas e deixando en papel mollado principios que se consideraban incustionabeis. En fin, esta primeira novela de Isabel Rei Samartín préstase  para fuxir de tanto estrondo e barullo no que vivimos, e dalle espazo á fantasía  deixando voar, aínda que sexa por pouco tempo, o maxín. Polo que neste tempo de reflexión e de lecer como é a Semana Santa, pode axudar e albiscar unha realidade distinta a que nos tocou vivir. 

Bandeira de Galicia coa Catedral de Santiago no fondo.. XUNTA - Arquivo
Bandeira de Galicia coa Catedral de Santiago no fondo.. XUNTA - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com