Sabes canto diñeiro reciben os partidos galegos de subvención polos deputados do Parlamento?

Os populares reciben máis do dobre que nacionalistas e socialistas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2022 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

As subvencións aos partidos políticos con representación na Cámara autonómica reparten 2 millóns de euros entre Partido Popular, BNG e PSdeG en función do número de votos e escanos obtidos nas últimas eleccións autonómicas, celebradas en xullo de 2020.

Así, os populares, grupo maioritario na Cámara autonómica durante esta lexislatura, levan 1.079.523,74 euros en reflexo dos 42 escanos que ten no Pazo do Hórreo.

Pola súa banda, os nacionalistas reciben 515.872,32 euros en virtude dos seus 19 asentos e os socialistas, un total de 404.603,89 euros polos seus 14 deputados.

Así figura na orde publicada este luns no Diario Oficial de Galicia en cumprimento coa Lei de financiamento das formacións políticas que establece o marco de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das organizciones con representación na Cámara autonómica.

Hemiciclo galego no XI Lexislatura, con Rueda como presidente e Elena Candia na Mesa da Cámara. PARLAMENTO DE GALICIA
Hemiciclo galego no XI Lexislatura, con Rueda como presidente e Elena Candia na Mesa da Cámara. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta