O PPdeG ve "insuficiente" o plan anticrise de Sánchez e considera un "erro" non asumir todas as medidas de Feijóo

Pide tamén "mellorar e facer máis transparente" a distribución dos fondos europeos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/06/2022 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

O viceportavoz popular Alberto Pazos dixo que o PPdeG ve "insuficiente" o plan anticrise impulsado polo Goberno central, que dirixe Pedro Sánchez, e que "volve incorrer nun erro ao non asumir por completo" a folla de ruta que lle expuxo o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo.

Pazos Couñago en rolda de prensa
Pazos Couñago en rolda de prensa | Fonte: PPdeG.

Pazos aludiu á negativa no pasado do Goberno de Pedro Sánchez a aceptar as propostas feitas desde a Xunta e o PP para baixar o IVE da luz ou conceder axudas ás familias con menos recursos. "Agora, viuse obrigado a adoptar estas decisións tras o pau sufrido nas eleccións de Andalucía", esgrimiu.

Con todo, o viceportavoz popular insistiu en que o Executivo central "erra" ao non asumir o plan remitido por Feijóo, que inlcuía outras medidas "interesantes" como axustar o IRPF a rendas medias e baixas, mentres ten a recadación "en máximos históricos" ou "reducir o gasto do Goberno máis caro da historia".

Tamén, engadiu, "mellorar e facer máis transparente" a distribución dos fondos europeos para que cheguen aos seus destinatarios; ou "suspender o imposto de hidrocarburos, conseguindo desta forma baixar o prezo da gasolina".

Finalmente, ha calificaado de "paradoxal" que os socialistas galegos pidan á Xunta dedicar a parte que recibe deste imposto para axudas, mentres "se esquecen" de solicitar ao Goberno central "que o suspenda para baixar o prezo dos carburantes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta