A Deputación de Pontevedra lanza unha campaña informativa sobre a nova normativa de residuos

A nova lei recolle a obrigación de que a Xunta e os concellos realicen inspeccións e sancionen con elevadas multas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2022 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, presentou este mércores a campaña informativa do 'Plan Revitaliza' sobre a nova normativa de residuos, que supón, esgrimiu, "unha verdadeira revolución" ao obrigar os fogares a separar o lixo orgánico nos municipios que xa dispoñen de colector marrón e aprema aos que non teñen o sistema implantado coa ameaza de recibir sancións.

Para que todas as novidades da nova normativa cheguen á cidadanía, concellos e negocios, a Deputación difundirá esta campaña divulgativa e de comunicación en radio, prensa, redes sociais, mobiliario urbano e transporte público. "Imos bastante tarde para cumprir. A campaña é unha necesidade", sinalou o vicepresidente.

Segundo César Mosquera, hai catro cuestiones xerais e novas que marca a nova lei e que "é preciso que se asuman canto antes". A primeira é que toda institución, negocio, comercio ou industria que xere residuos pasa a ser responsable deles e debe acreditar documentalmente a súa correcta xestión.

A segunda das novidades é que a lei prohibe expresamente que todo aquel residuo que se poida aproveitar ou reutilizar vaia a un vertedoiro ou a incinerar. Como terceiro punto está a prohibición das queimas agrarias, xa que os residuos silvícolas se deben achegar como material para a terra, a compostaxe, ou a xeración de biogás.

Finalmente, o cuarto punto destacado por Mosquera, e de consecuencias máis inmediatas, é que desde este xoves 30 de xuño é obrigatorio por lei e sen excepcións que calquera tipo de negocio, especialmente hostalaría e produtores singulares, separen os residuos orgánicos que producen a consecuencia da súa actividade e tamén os aceites usados sen excepcións.

A nova lei recolle a obrigación de que a Xunta e os concellos realicen inspeccións e sancionen con elevadas multas.

Colectores de reciclaxe de Sogama. EUROPA PRESS - Arquivo
Colectores de reciclaxe de Sogama. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta