Oso pardo ataca colmea nun vídeo no Courel

O retorno do oso pardo ás montañas de Galicia era unha realidade da que xa se tiñan algunhas probas, pero non unhas imaxes de vídeo tan evidentes e con tanta acción.

Por Galicia Confidencial | Seceda | 12/08/2014 | Actualizada ás 22:43

Comparte esta noticia

Nas imaxes filmadas na madrugada do 8 de agosto de 2014, divididas en 4 vídeos na canle de youtube do GC, pode seguirse como un exemplar achégase a unha colmea, cara a que os biólogos apuntaron unha cámara. Despois de erguerse sobre dúas patas para comprobar o contido, seducido, o animal decide tirar a colmea ao chán para facerse co seu doce contido:

O biólogo Pedro Alonso explicou que hai constancia tamén de presencia de osos nos Ancares, mesmo varios exemplares. Con todo, non se tiña constancia recente da presenza do oso no Courel, polo menos non atacando colmea.

Os osos levan varios anos de incremento de poboación en toda a Cordillera Cántabrica. A medida que aumenta o seu número, o animal, que necesita moito espazo, vai volvendo a zonas das que foi extinto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta