Morre un home de 53 anos tras atragoarse cando ceaba nun restaurante de Malpica

O home asistía a unha comida familiar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2022 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

Un home de 52 anos de idade faleceu na noite deste pasado xoves tras atragoarse cando ceaba nun restaurante do termo municipal de Malpica de Bergantiños.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Garda Civil, os feitos sucederon sobre as 22,05 horas deste xoves pasado nun restaurante de Malpica no que o home participaba nunha cea familiar.

Foron avisados efectivos do Instituto Armado, así como de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, así como unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario da PAC. Fontes sanitarias indicaron que persoal sanitario practicou ao home no lugar manobras de reanimación cardiopulmonar, pero faleceu no punto.

Por iso, foi avisado o médico forense, que certificou a morte do home, que estaba a piques de cumprir os 53 anos o próximo mes. Tras autorizar o levantamento do corpo, foi traslado ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña para practicárselle a autopsia.

Un traballador sanitario totalmente protexido nunha ambulancia
Un traballador sanitario totalmente protexido nunha ambulancia | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta