Rescatada unha muller tras quedar illada polo mar nunha zona de pedras en Muxía

Na parroquia de Moirame.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/07/2024 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias rescataron a unha muller que quedou illada polo mar nunha zona de rocas na parroquia de Moirame, no municipio coruñés de Muxía. Segundo informou o 112, foi a muller a que sobre as 11,00 horas deste sábado deu a voz de alarma e detallou que non coñecía o lugar e que só podía saír pola auga.

Ademais, detallou que estaba ferida nunha perna, aínda que finalmente non necesitou asistencia sanitaria. Ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Cee, a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Muxía. Así mesmo, avisaron a Salvamento Marítimo e a Gardacostas de Galicia.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade mobilizou unha embarcación na que trasladaron á muller ata o porto.

Sala de operacións 112 Galicia
Sala de operacións 112 Galicia | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Malosventos

Os da UPG e o cento e pico de profesores de instituto de sempre, máis a acorazada de liberados, os rapsodas do discurso previamente escritos polo intelectual orgánico, ducias de independentistas a facer sitio, catro infiltrados policiais por manifa, a lexión de nenos con globo a saír na foto do SermónGalicia, os do PSOE a título particular, os xornalistas agora cabreados e antes sumisos, feministas de hai décadas e de agora, os que preparan unha escisión, os de aquí se ve a mocidade galega en pé... e paro de contar que saen moitos. E todos a traballar para o BNG e a súa campaña electoral perpetua. De aparato e de libro.

1 Lois

En Galiza hai máis liberados da AGE-CCOO-PP (mirade ao ex Secretario Xeral de CCOO Fidalgo na campaña de Rajoy e nos coloquios da FAES de Aznar) que da CiG...

3 Trosko

A UPG é a enterradora do auténtico Nunca Mais, a maior mobilización do pobo galego na sua historia e agora tristemente convertida nun picnic domingueiro pra o desfrute de catro benejeros. Lamentable.

1 Xanc

O que non se mobilizou foi porque non puido ou non quixo... Os que non axudaron foi porque non quixeron... Os cartaces, bandeiras e gañas só as había nos locais da CiG, BNG, Nós UP... O PSOE, Anova, CxG.. a figurar pero traballo bastante escaso.

2 Mangueiras

En total, menos de 15.000 manifestantes, a metade da anterior e 50 veces menos que hai dez anos. Un fracaso. Hai que insistir. Achégase Nadal. Rivas e Toro teñen moitos exemplares sen vender.

1 Lois

Onde andan as cacatúas que non queren Estreleiras nas manis e non din nin chío cando en Ferrol aparecen as de España portadas polos de Izquierda Unida?

1 Lolo

Tes mais razón que un santo ( perdón....) porque non hai mais que ver as fotos da Praza de Armas. Cecáis esta presenza preminente de símbolos españois explique a dinámica sindical que non acaba de decatarse - e xá van perto de catro décadas - que estamos diante dun problema de capacidade de decisión. Ou sexa, soberanía nacional; que o Sr. Beiras dixo que non era cuestión prioritaria. Supoño que por iso preferíu ir á manifestación de Compostela, e non á de Ferrol; cousa que sí fixo o Sr. Vence. Parabéns, pois, cando hai que recoñecer as cousas......

2 undevijo

A manifestación era pola sentenza do prestige ou para facer concurso de bandeiras....cando os bloqueiros deixen de querer apropiarse das protestas cidadás mellor nos ira a todos...madurade dunha vez!