Vixilancia dos 'furtivos de bañador' nos areais galegas para salvagardar o marisqueo

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez Suárez, asegurou que a Consellería do Mar ten en marcha "todas as accións precisas" fronte aos coñecidos como 'furtivos de bañador'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2025 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez Suárez, asegurou que a Consellería do Mar ten en marcha "todas as accións precisas" fronte aos coñecidos como 'furtivos de bañador'. Para iso, enumerou medidas como campañas de sensibilización e axudas para vixiantes, entre outras. Así se pronunciou na comisión do ramo do Parlamento a preguntas da deputada do PSdeG Pomba Castro sobre unha campaña de sensibilización turística nos areais do Salnés en contra do marisqueo ilegal e para a protección do seu patrimonio natural e económico.

Na súa resposta, a directora xeral tamén avanzou que a consellería lanzará "en breve" unha orde para protección de ecosistemas mariños coa que "se vai a contribuír á recuperación da biodiversidade" cunha dotación de máis de 1,1 millóns de euros. "Moitos turistas recollen bivalvos ou estragan as zonas e as mariscadoras non poden ter ese rol de vixiantes porque pode perigar ata a súa integridade física", denunciou a socialista na súa quenda. Ademais, considerou que "a sinalización actual é insuficiente" e por iso reclamou "unha información máis eficaz".

"EN TODA GALICIA"

"A Consellería do Mar está a desenvolver todas as accións precisas para que o respecto ao patrimonio natural e económico dos areais, non só na comarca do Salnés, senón en toda Galicia, sexa hoxe unha realidade", reivindicou a directora xeral. Deste xeito, citou campañas concretas como a de 'Non sexas pirata!' e 'Do mar, vívese', de protección de espazos en que coexisten actividade marisqueira e lecer.

Bañistas na praia, a 8 de outubro de 2023, en Pontevedra, Galicia
Bañistas na praia, a 8 de outubro de 2023, en Pontevedra, Galicia | Fonte: Elena Fernández - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta