En total, serán 124 persoas mariscadoras a pé, 102 tripulantes e 40 embarcacións as potenciais beneficiarias das compensacións económicas polo cesamento da actividade extractiva nas devanditas zonas.
  comenta   0
O furtivismo non é só un delito ambiental ou económico: é tamén un síntoma dun sistema que ignora ás mariscadoras, tolera o espolio e pon en risco un oficio sostible que require máis protección e respecto. Nesta época do ano, son moitos os 'furtivos de bañador' que proliferan nas nosas praias.
  comenta   0
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez Suárez, asegurou que a Consellería do Mar ten en marcha "todas as accións precisas" fronte aos coñecidos como 'furtivos de bañador'.
  comenta   0
Aos seus 51 anos, Sonia leva toda a vida no sector do mar. Comezou saíndo mariscar a frote e rematou cambiando ao marisqueo a pé. Pasou dun sector monopolizado por homes a un no que practicamente todas son mulleres. Lamenta que na actualidade moitas teñen xa idades avanzadas nas que os problemas fan mella e a realidade do marisqueo xa non é a de antes, apenas dá para vivir compaxinándoo con outros traballos.
  comenta   0
Comezou aos 23 anos no marisqueo a pé polo mesmo motivo que moitas outras mulleres: a conciliación. Non tardou en darse conta de que había moitas cousas que mudar no sector do mar para acadar a igualdade real, unha igualdade que aínda a día de hoxe está moi lonxe de acadarse. Das 63 confrarías que hai en Galicia, só 4 están lideradas por mulleres. María José foi durante 8 anos patroa maior en Vilanova de Arousa, onde puido comprobar en primeira persoa "o machismo que hai no sector".
  comenta   0
Villaverde acusa ao Ministerio de Medio Ambiente de ignorar o impacto sobre as mariscadoras e comprometer o futuro do sector
Sandra Amézaga, secretaria da asociación Mulleres Salgadas, lamenta que no sector do mar, como en moitos outros, "existe unha tendencia xeral: cando un traballo non está ben remunerado, é básico e custoso e require de moita man de obra, desempéñano mulleres; pero, cando xa se convirte nun oficio con recoñecemento social, con bos salarios e mellores condicións, empezan a entrar nel os homes, que rematan por apropiarse do mesmo e por exercer o liderado".
  comenta   0