Case un millón de euros en axudas á paralización temporal dalgúns bancos marisqueiros da ría de Ferrol

En total, serán 124 persoas mariscadoras a pé, 102 tripulantes e 40 embarcacións as potenciais beneficiarias das compensacións económicas polo cesamento da actividade extractiva nas devanditas zonas.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 07/08/2025 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

A Xunta publicou, a través do Diario Oficial de Galicia (DOG), a convocatoria de axudas, de case un millón de euros, pola paralización temporal en determinados bancos marisqueiros da ría de Ferrol. Tal e como explicou nunha nota de prensa, a finalidade destes apoios é "compensar os efectos desta iniciativa" establecida desde o 16 de abril ao 16 de xullo como medida técnica de conservación recollida nos plans de xestión conxuntos de moluscos bivalvos a pé, a pé con embarcación auxiliar e desde embarcación en zonas de libre marisqueo e en zonas con autorización das confrarías de Ferrol, Barallobre e Mugardos.

En total son 124 persoas mariscadoras a pé, 102 tripulantes e 40 embarcacións as potenciais beneficiarias das compensacións económicas polo cesamento da actividade extractiva nas devanditas zonas. As axudas, que están dotadas de case un millón de euros e cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa), distribúense en dúas ordes de axuda. Unha para o marisqueo a pé e outra para o que se realice á boia. Para o cálculo dos importes aplícase un baremo baseado nos ingresos do período de referencia partindo dos ingresos medios nos últimos tres anos.

No caso do marisqueo á boia, para as persoas armadoras establécese un importe máximo de axuda por embarcación atendendo á súa arqueo bruto (GT) e o número de días de lucro cesante a razón de 20,01 euros e 31,73 euros diarios, cun importe mínimo de 134 euros. Así mesmo, para os tripulantes o importe máximo ascenderá a 50 euros por día de paralización. Para obter a condición de persoa beneficiaria en todos os casos deberase acreditar unha actividade extractiva de, canto menos, 120 días nos últimos dous anos, correspondendo como mínimo o 20 % deste período na modalidade de libre marisqueo ou marisqueo na zona VII.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde
A conselleira do Mar, Marta Villaverde | Fonte: LUÍS POL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta