Paulino Martínez é o coordinador de Inmunogenom e a agrupación estratéxica BioReDes, que avalía o rol da investigación en acuicultura na industria e no medio ambiente. Nesta entrevista destaca a importancia do sector e como avanzan tamén as invesgacións da ameixa, o berberecho, a troita arco da vella ou o lenguado.
É a sétima campaña da Consellería de Pesca para impulsar o consumo de peixe. A Secretaría Xeral de Medios gasta outros 125.000 euros en publicitar nos grandes medios o día 3 de novembro. Nunha semana destinou 325.000 euros en publicidade institucional.
  comenta   0
Este fito vén da man dun grupo de investigadores do Instituto Español de Oceanografía (IEO), que abren novos camiños na acuicultura ao conseguir mellorar o crecemento das larvas desta especie.
  comenta   0
Científicos europeos están a estudar as propiedades destas algas para desenvolver novos produtos para a industria farmacéutica, cosmética e alimentaria. Os estudos preliminares son xa moi alentadores.
  comenta   0
Destinará 1,5 millóns de euros en distintas campañas que chegan a poucos meses das eleccións municipais. Están promovidas pola Secretaría Xeral de Medios, pola Consellería de Pesca e pola Consellería de Facenda.
  comenta   6
Un novo informe da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) sinala que a produción pesqueira e a acuícola mundial continuarán aumentando durante a próxima década.
  comenta   0
Investigadores do Centro Oceanográfico de Vigo logran mellorar a supervivencia e crecemento de larvas de polbo en condicións de cultivo. Trátase dun avance cara a comercialización de polbo en catividade no mercado, onde o cefalópodo galego está cedendo terreo ao de Marrocos.
  comenta   0
Paulino Martínez, profesor da Universidade de Santiago, coordina esta Rede de Investigación e Transferencia en Acuicultura.
  comenta   0
O Instituto Español de Oceanografía pon a disposición de investigadores en acuicultura de todo o continente as súas infraestruturas, a través do proxecto AQUAEXCELL.
  comenta   0
Xosé Antón Álvarez Salgado, do Instituto de Investigacións Maríñas, explica na revista National Geographic o proxecto ClimeFish para estudar e predicir os efectos do cambio climático nos mexillóns galegos e outras especies mariñas.
  comenta   1
O sector facturou 41,7 millóns de euros en 2016. As hectáreas certificadas increméntanse un 36,5%.
  comenta   0
O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC forma parte do proxecto Vivaldi para incrementar o coñecemento científico e ofrecer á industria acuícola solucións prácticas.
  comenta   0
Un novo estudo de científicos do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) e da Université Bordeaux confirma que as zonas de produción de mexillóns en Galicia son frecuentemente visitadas por estes golfiños.
  comenta   1
Un equipo do Instituto de Acuicultura da Universidade de Santiago, en colaboración coa Confraría de Pescadores de San Bartolomé de Noia, deseña un protocolo de cultivo que reduce practicamente á metade os tempos de produción de semente.
  comenta   0
Trátase dun peixe de rápido crecemento que posúe un alto prezo no mercado e que está sometido a unha grande presión pesqueira.
  comenta   2
Un estudo do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo avisa de que "as percepcións sobre a calidade ambiental das augas e sobre a seguridade alimentaria afectan as decisións de consumo" e aconsella "implementar programas que contribúan a mellorar a calidade" para aumentar a confianza dos consumidores.
  comenta   2
O PIB per cápita galego pasou de 21.226 euros no ano 2008 a 20.431 euros en 2015. Tamén cae o PIB industrial. Porén, a economía galega medra máis que a española por vez primeira dende o inicio da recuperación, segundo datos do Foro Económico de Galicia.
  comenta   1
Técnicos do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) viaxan ao país africano para ampliar a formación do persoal do Instituto Nacional de Investigação Pesqueira na avaliación de stocks de cefalópodos e na realización de mostraxes para o cultivo de moluscos.
  comenta   0
A patente está concedida aos científicos vigueses Ricardo Beiras, Juan Bellas e Estefanía Paredes.
  comenta   0