Luís López propón a Nidia Arévalo, Marta Fernández-Tapias e Rafa Domínguez como vicepresidentes do PP en Pontevedra

Estes nomes súmanse ao de Luisa Piñeiro, anunciada nas últimas horas como próxima secretaria xeral do PP da provincia de Pontevedra.

Por E.P. | VIGO | 08/07/2022 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

O candidato á presidencia do PP da provincia de Pontevedra, Luís López, avanzou este venres a súa proposta de designar vicepresidentes do partido á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a delegada territorial da Xunta e presidenta do PP en Vigo, Marta Fernández-Tapias; e o presidente local do PP de Pontevedra e portavoz do grupo municipal, Rafa Domínguez.

Así o trasladou durante unha visita realizada ao Auditorio Mar de Vigo, onde se ultiman os preparativos para acoller este sábado o XIX Congreso Provincial que o designará como presidente provincial e sucesor, nese cargo, de Alfonso Rueda.

Luís López apuntou que, no conclave deste sábado, non só se vota ao presidente do PP provincial, senón que se elixe a unha "candidatura de homes e mulleres comprometidos co partido e coa súa provincia", que o acompañarán "nesta nova etapa". Así, explicou que a nova estrutura do partido contará con tres vicepresidencias, unha das cales será para Nidia Arévalo, que repite, e da que destacou a súa "traxectoria e coñecemento da política provincial".

Ademais incorporará aos presidentes locais de Vigo e Pontevedra e concluíu que "non hai mellores representantes que Marta e Rafa, aos que non lles gaña ninguén á hora de defender os intereses das súas cidades".

Estes nomes súmanse ao de Luisa Piñeiro, anunciada nas últimas horas como próxima secretaria xeral do PP da provincia de Pontevedra. O resto da candidatura darase a coñecer este sábado ante os compromisarios do Congreso Provincial.

Visita do candidato Luís López e da Comisión Organizadora á montaxe do XIX Congreso Provincial do PP de Pontevedra, no Auditorio Mar de Vigo.. PP DE PONTEVEDRA
Visita do candidato Luís López e da Comisión Organizadora á montaxe do XIX Congreso Provincial do PP de Pontevedra, no Auditorio Mar de Vigo.. PP DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta