Galicia está á cabeza da vacinación pediátrica con case o 69% desta poboación con pauta completa

Un informe tamén reflicte que con polo menos unha dose da vacina contra a Covid-19 en Galicia hai 138.696 nenos de cinco a 12 anos, que implican o 78,1 por cento, fronte á media nacional do 55,1%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2022 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

Galicia segue á cabeza da vacinación pediátrica contra a Covid-19 en España --de cinco a 12 anos--, co 68,7 por cento da súa poboación diana con pauta completa, fronte ao 44,8% da media de España.

Así se desprende dos datos actualizados este venres, 8 de xullo, polo Ministerio de Sanidade --faino unha vez por semana--, con rexistros de vacinas ata o día 6 deste mes, recollido por Europa Press, que indican que recibiron a pauta completa 121.935 dos 177.577 nenos desas idades chamados a vacinar, o que supón o 68,7 por cento.

Á Comunidade galega séguenlle con máis porcentaxe de poboación pediátrica co proceso concluído contra a Covid-19 as de Estremadura (65,8%), Asturias (62,3%) e Castela e León (60,2%).

O informe tamén reflicte que con polo menos unha dose da vacina contra a Covid-19 en Galicia hai 138.696 nenos de cinco a 12 anos, que implican o 78,1 por cento, fronte á media nacional do 55,1%.

MAIORES DE 12 ANOS

En canto á vacinación dos maiores de 12 anos, o informe constata que 2.348.631 persoas da poboación diana de 2.456.127 en Galicia contan con pauta completa, o que constitúe o 95,6 por cento, fronte á media estatal do 92,7%.

Por tanto, a Comunidade galega mantense en segundo lugar en porcentaxe de poboación diana inmunizada, tras A Rioxa, que conta co 97,4%, mentres que despois de Galicia sitúanse as de Estremadura, co 95,5%; e País Vasco, co 94,8%.

Chegada das primeiras 60.000 vacinas pediátricas contra a Covid-19 a Galicia para nenos de 11 a 5 anos / Delegación do Goberno. / Europa Press
Chegada das primeiras 60.000 vacinas pediátricas contra a Covid-19 a Galicia para nenos de 11 a 5 anos / Delegación do Goberno. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta