Alerta laranxa na zona do Miño en Ourense por temperaturas de ata 39 graos

Por E.P. | OURENSE | 09/07/2022 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou para este sábado a alerta laranxa por altas temperaturas na zona do Miño de Ouense, onde se esperan, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) temperaturas que poden alcanzar os 39 graos.

Ademais, estará activo o nivel amarelo por altas temperaturas no suroeste da Coruña, nas Rías Baixas e na zona do Miño de Pontevedra, xunto co noroeste da área de Valdeorras e sur da provincia de Lugo. Neste caso, as temperaturas oscilarán entre os 35 e os 38 graos.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil para que se adopten as medidas oportunas.

Ante este episodio de altas temperaturas, recoméndase extremar as precaucións, especialmente entre os colectivos máis vulnerables, como son as persoas maiores, nenos e persoas con enfermidades crónicas, así como no caso das persoas que realizan traballos físicos intensos ao aire libre.

Tamén se recomenda limitar a exposición ao sol, manter unha boa ventilación e ter en conta os cambios de temperatura. Tamén é conveniente manter unha hidratación adecuada, tomar comidas lixeiras, cubrir a cabeza e evitar exercicios físicos prolongados ao sol.

Do mesmo xeito, lémbrase que non deben deixarse nenos e nenas ou persoas maiores no interior de vehículos pechados. A Dirección Xeral de Emerxencias convida a consultar a web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e ligazóns de interese.

Alerta laranxa na zona do Miño, a 9  de xullo de 2022. METEOGALICIA
Alerta laranxa na zona do Miño, a 9 de xullo de 2022. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta