Un ciclista, na UCI, tras sufrir un infarto na subida do Ézaro

O home acudiu a ver a proba e fixo a última parte da subida.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2022 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Un ciclista, de 49 anos de idade e que non participaba na proba oficial, permanece na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña tras sufrir un infarto na subida ao miradoiro do Ézaro.

O home, que se dá a circunstancia de que é o irmán do presidente do Club ciclista de Cee, acudiu a ver a proba e fixo a última parte da subida, pero nun momento en que sentiu " canso", segundo explicou o seu irmán a Europa Press, baixouse da bici e seguiu a pé.

As testemuñas presenciais observaron como de súpeto caeu e, para asistilo, acudiron os efectivos sanitarios e técnicos que estaban no propio punto, xa que precisamente na subida situábanse dúas ambulancias, unha delas co material e medios humanos necesarios para a reanimación.

Segundo explicou o irmán do home, tivérono que reanimar durante unha media hora. Aínda se descoñece o alcance das lesións, pero está estable con prognóstico grave ingresado na UCI do Chuac, segundo confirmaron fontes sanitarias.

O presidente do club ciclista contou que se dá a circunstancia que nese mesmo punto sufriu el un baixón de glicosa, motivo polo que se decidiu desde entón situar no punto unha ambulancia nas probas deportivas deste tipo.

Tres ciclistas na subida a Ézaro.
Tres ciclistas na subida a Ézaro. | Fonte: granfondoezaro.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta