Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2022 | Actualizada ás 13:55
Non hai semana que non se coñeza en Galicia a morte de algunha persoa por mor dun sinistro cun tractor. De feito, esta semana comeza xa cun novo falecido, desta volta, no municipio coruñés de Cerdido ao sufrir un accidente co tractor que manexaba.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o sinistro produciuse minutos antes das 13,00 horas nunha zona de monte do lugar de Carballal. Os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 desprazados ao lugar non puideron facer nada pola vida da vítima, que faleceu a consecuencia das feridas provocadas ao envorcar o tractor.
Á zona tamén acudiron axentes da Garda Civil para esclarecer as causas do accidente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.