Un home rouba unha xoiaría en Ordes e ataca a unha dependenta con gas pementa

Testemuñas afirman que fuxiu nun coche acompañado de máis persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2022 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia



A Garda Civil dirixe a investigación e trata de localizar a un home que este luns atracou unha xoiaría de Ordes, tras atacar cun espray de gas pementa á dependenta do establecemento, que foi atendida no centro de saúde.

Segundo explicaron fontes da Policía Local consultadas por Europa Presss, o atraco produciuse pouco antes das 19,00 horas, cando un home alto e novo, de ao redor de 30 anos, entrou na xoiaría e pediu ver un mostrario de xoias.

As fontes consultadas explican que mostrou insatisfacción coas xoias que lle ensinou inicialmente a dependenta e pediu ver algún máis, antes de tratar de arrincarllas coas mans.

Ante a resistencia da muller, coa que forcexeou atacoulle con gas pementa e logrou fuxir con algunhas xoias.

CUESTIÓN DE HORAS PARA LOCALIZALO

En todo caso, a dependenta saíu detrás del pedindo auxilio e, segundo as fontes consultadas, testemuñas puideron ver que fuxía nun vehículo con máis persoas.

As mesmas fontes dan por feito que, unha vez que se identificou a matrícula, é cuestión de "horas" localizar ao autor do atraco e a quen puidese axudalo.

Vehículo empregado nun atraco a unha xoiaría en Ordes (A Coruña).
Vehículo empregado nun atraco a unha xoiaría en Ordes (A Coruña).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta