Avanzan as propostas da “marea” en Lugo e A Coruña

Asinantes do manifesto Somos Maioría analizarán a presentación dunha lista conxunta en Lugo. Tamén o equipo de base coruñés do Partido Humanista apoia a 'Marea Atlántica'.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/08/2014 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

A posibilidade de presentar listas conxuntas entre forzas nacionalistas e de esquerda avanza en Galicia. Así, ás propostas de pactos que xurdiron na Coruña, Vigo, Compostela, Ferrol ou Ourense, súmase agora Lugo.

Protesta dos afectados polas preferentes conflúe coa marea cívica
Protesta dos afectados polas preferentes conflúe coa marea cívica | Fonte: masacorunnesa twitter

De feito, persoas asinantes de Somos Maioría de Lugo reuniranse para ver de promover unha candidatura de unidade cidadán en Lugo. Nesta xuntanza, en réxime de autoconvocatoria trataríase de lanzar unha marea en Lugo, ao abeiro dos principios do Manifesto Somos Maioría.

Así, os obxectivos serían promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, “subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación”. Tamén, “poromover e alentar e candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego”.

Apoio do Partido Humanista

Por outra banda, o equipo base na Coruña do Partido Humanista, apoiou por unanimidade o seu apoio á Marea Atlántica da Coruña. “Sabemos que só da converxencia da diversidade xorden respostas que avanzan cara á superación da dor e o sufrimento. Sabemos que calquera avance xurdirá da implementación de novas formas baseadas en novos valores. Sabemos que a non discriminación, a igualdade de oportunidades, a toma de decisións por parte de todos e a non violencia son antítese dos valores e formas da actual época, que se acaba e está en crise”, apunta esta formación nun comunicado.

Por iso, animan a amigos e simpatizantes a participar nesta iniciativa, “baseada na democracia directa, extremando garantías de respecto ás minorías e efectivizando o principio de igualdade de dereitos e oportunidades para todos”.

O Partido Humanista destaca que, para que esta unidade de acción funcione hai que asumir a “renovación permanente das institucións xurídicas e políticas, baseada na idea de superación do vello polo novo” e tamén aplicando maior “transparencia dos procedementos políticos usados”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

12 mareado

Non vos da a impresión de que ANOVA vaise diluir no medio de tanta marea?, non credes que o voto indignado da crise vai e ven coma as ondas do mar?. Se houbese autonómicas agora, AGE tería 200000 votos ou teríaos unha marea de indignación?.

11 mareado

Eu inda non sei a opinión de Anova no medio de tanta marexada. Participa a título individual ou colectivo?, E Esquerda Unida. E AGE?. Se non saca a maioría absoluta a Marea, vai pactar con alguén para crear gobernos de esquerda?. Alguén pode respostar a estas preguntas sinxelas?.

10 mareado

Os da marea non son políticos. Son cidadáns. Eles son " o pobo", eles "representan ó pobo". En tódolos reximes totalitarios o partido do poder asumiu por enteiro a representación do pobo. Franco dicía "el movimiento nacional". Os votantes do PPSOE tamén son pobo. Os votos do PPSOE nas municipais tamén son votos de cidadáns, outra cousa é que non nos ghuste o que hai. A min tampouco me gusta. Pero non convén marearse porque pérdese o norte...

9 BBotalos co voto en marea

Logo das últimas que leva feito o autodenominado "alcalde antisistema" pontevedrés Miguel F. Lores, a marea contra o totalitario, e entregado á propaganda, BNG de Pontevedra está a piques de chegar a terra e de tal xeito comezar a avanzar. Só lle queda perder o medo á rede de información da UPG. O demais é pan comido. Toda unha xeneración de pontevedreses xa saben que Lores e os seus concelleiros e liberados son casta gansa.

1 PPotalos

Cando Lores revalide a alcaldía o vindeiro ano, teremos que escoitar aínda as vosas paridas anovadas?

8 Meixome

En Ferrol aínda non empezou, por que teñen que poñerse dacordo as cúpulas dos partidos