Avanzan as propostas da “marea” en Lugo e A Coruña

Asinantes do manifesto Somos Maioría analizarán a presentación dunha lista conxunta en Lugo. Tamén o equipo de base coruñés do Partido Humanista apoia a 'Marea Atlántica'.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/08/2014 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

A posibilidade de presentar listas conxuntas entre forzas nacionalistas e de esquerda avanza en Galicia. Así, ás propostas de pactos que xurdiron na Coruña, Vigo, Compostela, Ferrol ou Ourense, súmase agora Lugo.

Protesta dos afectados polas preferentes conflúe coa marea cívica
Protesta dos afectados polas preferentes conflúe coa marea cívica | Fonte: masacorunnesa twitter

De feito, persoas asinantes de Somos Maioría de Lugo reuniranse para ver de promover unha candidatura de unidade cidadán en Lugo. Nesta xuntanza, en réxime de autoconvocatoria trataríase de lanzar unha marea en Lugo, ao abeiro dos principios do Manifesto Somos Maioría.

Así, os obxectivos serían promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, “subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación”. Tamén, “poromover e alentar e candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego”.

Apoio do Partido Humanista

Por outra banda, o equipo base na Coruña do Partido Humanista, apoiou por unanimidade o seu apoio á Marea Atlántica da Coruña. “Sabemos que só da converxencia da diversidade xorden respostas que avanzan cara á superación da dor e o sufrimento. Sabemos que calquera avance xurdirá da implementación de novas formas baseadas en novos valores. Sabemos que a non discriminación, a igualdade de oportunidades, a toma de decisións por parte de todos e a non violencia son antítese dos valores e formas da actual época, que se acaba e está en crise”, apunta esta formación nun comunicado.

Por iso, animan a amigos e simpatizantes a participar nesta iniciativa, “baseada na democracia directa, extremando garantías de respecto ás minorías e efectivizando o principio de igualdade de dereitos e oportunidades para todos”.

O Partido Humanista destaca que, para que esta unidade de acción funcione hai que asumir a “renovación permanente das institucións xurídicas e políticas, baseada na idea de superación do vello polo novo” e tamén aplicando maior “transparencia dos procedementos políticos usados”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

7 mareado

O Partido Humanista? Que será o seguinte? Unificación Comunista de España?

1 Guillermo rodríguez Fdez.

Nunha sociedasde democrática todos temos o dereito, e atreveriame a afirmar o deber, de dar a nosa opinión. Do que xa non estou tan seguro é de que teñamos o dereito de torpedear calquera intento de mellorar a situación por parte doutras colectivos ou forzas politicas que non coincidan connosco. Un chisco de respecto civico, un chisco de decencia politica, de ética estanos a facer falta a todos. Hai comentarios que retratan ao seu autor. Claro que con isto do nome inventado todos somos uns valentes cobardes.

2 John McNamara

Así Guillermo, viva a torre de Babel!. O respecto cívico é non tomar por parba á xente e ter un proxecto serio para a sociedade. Non todo vale, e desde logo a crítica é necesaria.

3 Guillermo Rodr´giuez Fdez.

De torre de babel falas tinon eu que só me refiro ao respecto que cada quen debe ter coas propostas ou intencións dos demais. Quen che deu a ti patente de veracidade e te homologou para qyue os demais digamos tonterias, parbdas? Iso e o que eu denuncio e gustariame que te identificaras como foga eu. Ou es deses que falan pero que non asinan? Saúdos respectuosos, ainda que me gustaria saber a quen estou saudando. Atréveste?

6 Roi Xordo

Se queremos facer algo debemos ser serios, ou alomenos parecelo, polo que a referencia ó PH sobraba.

5 risoterapia ppita

seres. non teñen nada que facer - REFORMA ELECTORAL DE MARRANO rajoyder... no meu concello o pp saca 4 concelleiros, o psoe 3, o bloque nacionalista bng 2, izquierda unida 2, podemos 2 e os independentes 1. POLO TANTO A VICTORIA sera do PP con maioria absoluta pois 4 votos seran siempre maIs que 3+2+2+2+1 =10, 4 es mayor que 10 e en cuanto os votos e peor posto que un concelleiro do pp cuesta 1000 votos e uno de independientes 3000... ademais con la mayoria absoluta se acabaron as mociones de censura. sera absolutismo ppepperro e fascista

4 Pastelao

Os do Partido Humanista unem-se à Marea! Agora só falta que se sume Rafa Cuiña e as suas cheerleaders de CxG e o éxito será imparável.

3 YisusCraist

Os do partido humanista nom eram umha secta ou tinham algum roio raro espiritual cristiam?

1 Ama

En Vigo o partido Humanista e so unha marca, e tes razón, os militantes do PH formaban parte de unha secta chamada El Movimiento, nacida en México nos oitenta, era calificada de perigosa por moitos motivos, entre eles por estafa a os seu membros,, usaban o sexo como reclamo e o fondo da sua filosofía espiritual había un pensamento fascista, non creían ni na democracia nin na libertade individual.