O sector pesqueiro pide "topar" o prezo do combustible en 70 céntimos por litro para "ser rendibles"

De momento descártase un "amarre xeral".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2022 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e patrón maior do peirao de Burela, Basilio Otero, volveu pedir ao Goberno central que "se tope" o prezo do combustible en 70 céntimos o litro para "ser rendibles".

O patrón maior de Burela, Basilio Otero
O patrón maior de Burela, Basilio Otero | Fonte: FEDERACIÓN NACIONAL DE CONFRARÍAS.

Otero explicou que seguen "pescando" a pesar dos custos. "Nos últimos días baixou un pouco o prezo do gasoil e agora estamos ao redor dos 80 céntimos, pero estivemos con prezos de noventa céntimos e mesmo dun euro por litro", advertiu.

"É un pequeno alivio, pero faría falla que baixase un pouco máis. A ver se a tendencia é esa, de seguir baixando, e recuperamos a normalidade", desexou. De momento descártase un "amarre xeral", deixando caer Basilio Otero que "se dan sobre todo no Mediterráneo, pero son paros moi puntuais".

O empresario burelense constatou que esta semana mantiveron unha reunión coa secretaria xeral de Pesca, Alicia Villauriz, que "estivo a explicar cales son as axudas" e lembrou que "estaban dispoñibles uns créditos ICO, unha nova liña para a pesca que ata agora non tiñamos".

Á alta funcionaria pedíuselle que se poña un "prezo máximo ao gasóleo e díxonos que a Comisión Nacional da Competencia non o deixaba facer, pero nós seguiremos reivindicando que non podemos estar en prezos por encima dos 70 céntimos por litro".

"Ese é o tope que consideramos que se ten que aplicar para poder ser rendibles", resumiu finalmente o presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta